Elimínanse os residuos de dúas zonas do porto de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Na parte final do porto de Pontecesures, había dous puntos onde eran depositados, dende hai anos, residuos procedentes de obras. Ademáis dos problemas de salubridade, estábase a dar unha sensación de abandono nunha zona realmente concorrida e moitos veciños criticaban esta acumulación de escombros e terra nestes vertedoiros incontrolados.

Pois ben; nos pasados días o concello acometeu a limpeza destes focos contaminantes (Portos de Galicia non se fixo cargo destes traballos), mellorándose considerablemente a zona que está preto da EDAR de Pontecesures. Coa explanada preparada, vaise celebrar os días 2 e 3 abril unha nova edición de FEGACLASIC.

No futuro o concello vai adoptar medidas para que non se boten, de novo, escombros na zona.

Categorías: Concello

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.