Exposición pública das listas do censo electoral.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Entre o 4 e o 11 de abril (ámbolos dous días inclusive) estarán expostas ao público na Casa do Concello de Pontecesures as listas do censo electoral, a efectos de presentación de reclamacións. Este censo é o que será utilizado nas eleccións locais do 22 de maio próximo.
Lémbrase a importancia de comprobar as listas, sobre todo polos grupos que poidan verse máis afectados, como poden ser os que cumpriron 18 anos recentemente, ou os cumpren antes do día das eleccións (se o fan o 22 de maio poden votar); ou as persoas que trocaron de domicilio non derradeiros meses.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.