Valados e espazos electorais para as eleccións do 22 de maio.
O Concello de Pontecesures ven de comunicar á Xunta Electoral a situación dos taboleiros para carteis, e os locais que se poden utilizar na campaña electoral das eleccións municipais do 22 de maio.
Haberá taboleiros preto da praza de abastos, na rúa Portarraxoi, na rúa San Lois e na rúa Víctor García.
Os espazos que se ofrecen para os actos electorais de campaña son o Centro Social e A Plazuela.
0 comentarios