«Á camelia cántalle calquera, pero cántalle ti a unha lamprea!».

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O actor Carlos Blanco exercerá mañá de pregoeiro da festa de Pontecesures

Antes de trasladarse a Vilagarcía os pais de Carlos Blanco residiron uns anos en Pontecesures. Ese é un dos vínculos que une ao actor coa vila cesureña. O outro, por suposto, a devoción pola lamprea. «De neno comía moita porque a preparaba miña nai. Agora próboa menos, entre outras cousas, porque ser trata dun prato que se disfruta máis cando se come de xeito excepcional».
-Cales serán as liñas básicas do seu pregón?
-Vou romper co habitual. Non vou falar nin dos romanos nin da historia, nin da tradición. Vou tirar polo I+D. Penso que o que require o momento é iso. Hai que pensar no futuro e investigar acerca de novas posibilidades. E máis este ano no que houbo moita colleita de lamprea… ademais da que chegou de Francia.
-Non debe ser doado loubar un animal de costumes tan singulares e que se cociña no seu propio sangue…
-Home, a lamprea non ten o glamur da camelia, pero aí está o reto. Cantarlle á camelia non ten mérito ningún. Pero cántalle ti á lamprea! Aí está o conto.
-Falara con anterioridade, nalgún espectáculo ou nalgún conto, da lamprea?
-Non, e mira que teño falado de cousas…. Pero coa lamprea, debuto.
-Cada vez prodígase menos en pregóns. Por que aceptou o da Festa da Lamprea?
-? certo que cada vez evito máis este tipo de actos. Pero con Pontecesures únenme vínculos de carácter persoal moi intensos. E ademais, é que me insistiron moito.

LA VOZ DE GALICIA, 09/04/11


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.