Rafael Randulfe tamén participará no debate de Canal Rías Baixas como candidato.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Representando á Agrupación Pontecesures Independentes (API) asistirá a este debate de mañá en A SETE CANALRIASBAIXAS, Rafael Randulfe que encabeza a candidatura.
Así pois, polo de agora aceptaron a invitación, Manuel Luis Álvarez Angueira (BNG), Juan Manuel Vidal Seage (PP), Roque Araújo (PSdeG-PSOE), Luis Sabariz (ACP) e Rafael Randulfe (API).
Segundo informa a canle de televisión, a alcaldesa Maribel Castro rexeitou asistir por motivos políticos e persoais e don Ángel Manuel Souto Cordo, quen concorrerá por Terras Galegas, aínda non conta coa correspondente formalidade legal requerida para participar neste debate; malia o seu reiterado interese en formar parte do mesmo.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.