E Carlos Blanco cantoulle á afrodisiaca lamprea.
Dáballe voltas o actor e monologuista Carlos Blanco ao pregón da lamprea porque claro, «calquera lle canta á camelia» que rima cunha chea de cousas, «pero cántalle ti á lamprea». Finalmente, conseguiuno, faltaría máis.
Foi o acto central da XVI Festa da Lamprea do Ulla, que atraeu ata Pontecesures a miles de persoas durante a pasada fin de semana. Moitos foron os que viron como Blanco, relacionado familiarmente coa vila, facía o imposible porque o insistente vento lle permitira cump’rir a súa misión sobre a tarima, xa que so problemas do son chegaron, ou así o fixo crer, a enervalo un pouco. Tal como prometera, no se «Vida lamprea», lembrou aquela canción de Nación Reixa, cicais o único canto ó bicho prehistórico e parásito que, non obstante, se converte nunha ledicia no padal de quen saiba aprezalo.
Non esqueceu o pregoeiro de lembrar as cualidades afrodisíacas da lamprea, tan aprezada polos romanos. «Nas series non se ve, nestas inglesas tan ben documentadas, como Spartacus. Moito polo, moito acio de uvas, pero logo están aí dálle que dálle…Iso todo era pola lamprea. ? que non sabemos vendernos!».
? por iso, que apostou polo I+D, é dicir, «hai que pedirlle unha subención a Bruxelas, que en Madrid non hai cartos, para estudar o xen afrodisíaco da lamprea».
Tamén pediu Blanco unha ovación para as cociñeiras da festa.
DIARIO DE PONTEVEDRA, 14/04/11
0 comentarios