A pesar da choiva, moita xente nas procesións desta mañá en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Como sobre ás 11:15 horas comezou a chover o Encontro non tivo lugar na Plazuela senón no interior da Igrexa. Os xoves coa cruz foron os primeiros en chegar ao templo. Logo o fixo a procesión de Xesús Nazareno que saiu de Carreiras, con novo manto na imaxe, vestiario novo dos participantes e con estrea de estandarte. Finalmente o fixo a procesión da Virxe das Dores que partiu de Porto, coa imaxe protexida para evitar os danos do auga da choiva, e cun paso moi coordinado que ensaiaron os participantes nos pasados días. Houbo en ámbalas dúas procesións tambores e bombos (ocupáronse disto varios membros da Banda de Música Municipal de Valga).
Xa na igrexa foi pronunciado o Sermón das Sete Palabras.
Sen dúbida hai que felicitar as dúas confrarías polo esforzo realizado.

Categorías: Sociedade

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.