Apretada axenda de fin de semana para os clubs de piragüismo do Salnés e Baixo Ulla
Fin de semana de múltiples compromisos a que se presenta para o mundo do piragüismo do Baixo Ulla e do Salnés. Ata catro citas contarán con representación de alomenos unha das dúas bisbarras, tres delas en augas galegas, e a cuarta en el Canal de La Cartuja de Sevilla.
Ata a capital andaluza se desprazaron unha ducia de equipos galegos para competir na Copa de España de Jóvenes Promesas Cadetes de 1.000 metros, con dobre xornada programada hoxe e mañá para embarcacións individuais e de equipo. Entre eles, o As Torres-Romaría Vikinga, o Breogán do Grove, o Náutico Pontecesures e o Piragüismo Illa de Arousa.
A copa sevillana trátase da segunda das catro regatas que compoñen a Liga de Jóvenes Promesas de Aguas Tranquilas que organiza a Real Federación Española de Piragüismo. Na primeira, celebrada no mesmo escenario o 19 de marzo, o triunfo foi parar a mans da Escuela Piragüismo Aranjuez, coas Torres cuarto na clasificación por equipos, o Náutico Pontecesures quinto e o Breogán oitavo.
Esta tarde, na praia viguesa de Bouzas, o Piragüismo Cambados, As Torres, Náutico O Muíño e Liceo Casino compiten na Copa Galega de Kaiak de Mar, segunda cita do circuito autonómico da especialidade tras a proba de Outes, que gañou o club cambadés.
O O Muíño, pola súa banda, prolongará a súa fin de semana acudindo mañá ás once ao concello pontevedrés do Rosal, onde pelexará pola Copa Galega de Promoción de Eslalom para benxamíns, alevíns e infantís.
LA VOZ DE GALICIA, 28/05/11
0 comentarios