O Concello de Pontecesures publica recomendacións para as fogueiras de San Xoán.
Ademáis de lembrar a necesidade de comunicar a realización das tradicionais fogueiras da noite do 23 ao 24 de xuño para o que existen impresos nas oficinas municipais, danse as recomendacións seguintes:
-Por mor da seguridade non se deben facer moreas cunha altura excesivamente elevada.
-Non se deben facer fogueiras preto de lugares con vexetación.
-Hai que evitar usar nas fogueiras materiais que poidan provocar un incendio (ramas de eucalipto, papeis, etc..)
-Con exceso de vento non se debe prender a fogueira.
-Hai que procurar ter auga preto da fogueira ante posibles problemas.
-Non se deben utilizar nas fogueiras materiais contaminantes (neumáticos, aerosois, etc..).
-Debe deixarse a fogueira completamente apagada antes de abandonar o lugar.
-En caso de problemas debea de chamarse ao 085 ou ao 112.
0 comentarios