Cambios en Pontecesures.net, actualización de WordPress
Pontecesures.net funciona co xestor de contidos WordPress. Este foi actualizado ata a última versión 3.1.3.
Entre os cambios efectuados está a posibilidade de que tódolos usuarios rexistrados teñan aceso directo ás estadísticas desta web.
Como sempre, tras cada actualización foi eliminado do wordpress a posibilidade, por defecto, de amosar as direccións IP na administración dos usuarios para unha maior privacidade. Moitas persoas comparten IP e eso non significa que sexan a mesma, e coido debemos sempre estar no debate de ideas e opinións e non no persoal.
Si alguén atopa algún problema ou considera algo mellorable só ten que indicalo e solventarase o más rápido posible.
11 comentarios
Tachenko · 29-06-2011 ás 22:16
Respecto a frase:
“…e coido debemos sempre estar no debate de ideas e opinións e non no persoal.”
Esperemos que a lea e entenda o Sr. Sabaríz, o gran rastreador.
Luis Angel Sabariz Rolán · 30-06-2011 ás 13:21
¿Rastreador eu “tachenko”?. Non se aínda por enriba de defender este medio e de molestarme en que estea actualizado, teño que escoitar cousas como esta. Por min no te preocupes, home. Opina o que queiras.
ife · 30-06-2011 ás 22:46
Non te molestes saba, envexa moita
Antonio Cortés · 30-06-2011 ás 23:32
¿Podense ver as estatísticas da web ?
Onte, día 30, foron 2.705 páxinas vistas. Nun principio debería ser visibel a tódolos usuarios rexistrados.
¿Está a funcionar correctamente a súa visualización?
Antonio Cortés · 2-07-2011 ás 21:48
Boas,
Acabo de ver que as horas dos comentarios estaban mal. Si alguén ve este tipo de erros ou calquera similar prego así o indique para solventalo.
Non sei si a actualización está a provocar algún problema porque ninguén di nada.
Preguntei si se se podían ver as estatísticas da web correctamente a tódolos usuarios, sin resposta de ninguén, polo que tiven que crearme un “usuario rexistrado” so para esto.
Para que todo funcione correctamente non estaría de máis un pouco máis de colaboración por parte de todos, que esto non e algo que vai por “cousas de meigas” senón con traballo. Foi actualizar a versión de WordPress a 3.1.3, e ó día seguinte xa estaba a 3.1.4, que actualizarei cando teña un momento.
chorlito · 3-07-2011 ás 22:29
moi bien moi bien Antonio, está todo moi clariño, da gusto ter alguén que traballe para facilitarnos as cousas a xente que nos queieramos desafogar neste espacio,grazas.
outro · 2-07-2011 ás 23:53
Polo que a min respecta Antonio, é que non sei de que estás a falar. Se o explicaras un pouquiño ten por seguro que haberías de ter algunha resposta. Eu tenteino, pero non fun quen de atopar esas estatísticas, e rematei naufragando en perfiles e cousas semellantes.
Antonio Cortés · 3-07-2011 ás 00:15
Outro,
Agora debería aparecer na parte superior da web unha “barra de ferramentas” cando estás na web baixo un usuario (Logueado). E nesta barra xunto o nome debería haber unha parte que é amosa unhas liñas, unha gráfica das últimas 48 horas, premendo sobre estas deberíanse poder ver tódalas estatísticas.
Tachenko · 3-07-2011 ás 10:02
Pobriño. Acaso non eres ti o de “eres tal ademais de”, ou “eres dun concello veciño”, e similares. Ideas Sabariz, ou opinions, e non tantas investijasions.
outro · 3-07-2011 ás 10:58
Agora si, Antonio. Todo moi clariño. Vense perfectamente as estatísticas.
Grazas.
Tachenko · 3-07-2011 ás 20:02
Sabariz, creo que nalgún comentario xa recoñecín que o traballo de actualizar a páxina que fas ti, poucos seríamos capaces de facelo día tras día e ano tras ano. Agora, esto non quita que critiquemos as cousas nas que creemos que te trabucas. E que eses comentarios nos que te amosas rastreador non proceden, contestas si queres e punto, e si non, pois non.