Ludoteca de verán 2011 en Pontecesures.
Nos meses de xullo e agosto o Concello de Pontecesures vai a poñer en marcha un programa de actividades para nenos/as de 5 ata 12 anos baixo a denominación LUDOTECA DE VERÁN 2011. Esta ludoteca desenvolverá as seguintes actividades:
OBRADOIROS:
? Obradoiro de Globoflexia
? Obradoiro de Cariocas
? Obradoiro de Malabares
? Obradoiro de Pintura / Debuxo Libre
? Obradoiro de Maquillaxe
? Obradoiro de Xogos Tradicionais
? Obradoiro de chapas
? Obradoiro de picaportes
? Obradoiro de Lapiceiros
ACTIVIDADES, que variarán según os nenos/as e as súas idades:
? XOGOS DE PRESENTACI?N: (pelotas, periódicos, globos) Bartolo, bartolo. O periódico. Laranxa, fresa, limón. Me pica. Pelota ?? nombre. O Porquiño.
? XOGOS PREDEPORTIVOS: (pañoletas, pelotas,)Rabos. gallinita ciega. 1, 2, 3, escondite inglés. Pes atados, mans, codos, etc?. Relevos, por parellas, con variantes?. Ratón ?? gato. Brilé
? XOGOS CON M?SICA: Tulipán, tulipán. Moléculas. Estatuas eléctricas. Poli D `avanti. Tallarín.
? XOGOS TRADICIONAIS: (goma, corda, chapas, sacos, lana, ) Pulso. Goma. Corda. Carreras de sacos. Chapas. Fíos . Polis e cacos. Xogos (globos, lana) pisa globos.
A ludoteca levaráse a cabo de luns a venres de 9.30 ata as 13.30 horas no Centro Social. O inicio das actividades está previsto para o luns 11 de xullo.
A inscrición pódese facer no despacho da Educadora Familiar, nas Oficinas Centrais do Concello ou no despacho do Concelleiro de Servizos Sociais; todos eles situados na Casa do Concello. O número de prazas é limitado tendo en conta a orde de entrega.
1 comentario
porco bravo · 10-07-2011 a las 12:29
Imaxinemos que, de súpeto e como consecuencia da maldita crise que estamos a atravesar, eu quedárame sen empleo.
Imaxinemos que se convocan eleccións, e eu como estou no paro, ocórreseme presentarme a éstas para así recuperar o posto de traballo que acabo de perder.
Imaxinemos que teño sorte e mediante un pacto estrambótico (unión de dúas forzas políticas de esquerda máis unha escisión do partido popular) obteño unha concellería.
Imaxinemos que teño un fillo pequeno e que necesito un servicio de gardería para que se ocupe del e así poder aforrar os cartos que lle tería que pagar a algúen para que o coidase. Entón ocórreseme elixir a Concellería de Servicios Sociais e así xa teño o problema resolto. En vez de gardería chámolle ludoteca e así xa ninguén desconfía.
Porque sexamos un pouquiño sensatos, ¿a quén se lle ocorre ese disparatado horario de 4 horas diarias de actividades?¿ Non pensades que con 2 ou como moito 3 horas sería máis que dabondo?.E que case estamos a falar dun horario semellante ó do curso escolar e se supón que os rapaces están de vacacións.
Eu para nada estou en contra de que os rapaces durante o verán teñan actividades pero o que me parece moi chamativo e que a duración déstas estea adaptado a certos horarios laborais dalgún pai/nai.
A iso hai xente que lle chama «conciliación laboral» pero eu creo que máis ben se debería chamar » meterse en política por intereses persoais».
E isto non fixo máis que empezar, seguiremos atentos á evolución dos acontecementos….