Convocadas para o xoves 21 as sesións constitutivas das comisións informativas do Concello de Pontecesures.
Ás 12:30 horas reunirase a Comisión de Obras, Urbanismo e Servizos integrada por Manuel Luis Álvarez Angueira (BNG), Arturo Ferro González (BNG), José Ramón Cadilla Piñeiro (PP), Ángel Manuel Souto Cordo (TG) e María Isabel Castro Barreiro (IP). Na orde do día vai a elección do presidente da comisión e a fixación do réxime de sesións.
Ás 12:45 horas reunirase a Comisión de Asuntos Xerais integrada por Margarita Carolina García Castro (BNG), Cecilia Tarela Barreiro (BNG), Juan Manuel Vidal Seage (PP), Flora Ferreirós Lema (IP) e Roque Luis Araújo Rey (PSdeG-PSOE). Na orde do día van os mesmos puntos que na comisión anterior.
Ás 13:00 horas reunirase a Comisión Especial de Contas, Facenda, Patrimonio e Contratación integrada por Manuel Luis Álvarez Angueira (BNG), Arturo Ferro González (BNG), Juan Manuel Vidal Seage (PP), María Isabel Castro Barreiro (IP) e Roque Luis Araújo Rey (PSdeG-PSOE). Ademais dos puntos da elección do presidente e do réxime de sesións, nesta comisión informarase a Conta Xeral do Orzamento 2010 e analizarase un convenio para a delegación no ORAL da xestión, liquidación e recadación das altas no Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica.
1 comentario
Blanco · 19-07-2011 a las 19:13
No veo normal que de los 1o concejales mas el alcalde el unico que quede fuera de las comisiones sea Sabariz, si ese es el talante del nuevo gobierno mala cosa, no tiene sentido que marginen asi a una persona elegida por el pueblo