Visita do Centro de Transfusión a Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

O Centro de Transfusión de Galicia (CTG) trasladará o mércores 10 de agosto a súa unidade móbil á Prazuela de Pontecesures. Alí permanecerá de 10 a 14 horas, e de 16 a 21, coa intención de recabar as maiores mostras de solidariedade posibles dos veciños do concello do Baixo Ulla.
Desde o CTG confíase na complicidade dos cesureños para elevar as 281 doazóns de sangue realizadas polo pobo durante o 2010, conseguindo que Pontecesures continúe sendo un dos municipios máis solidarios de Galicia.

LA VOZ DE GALICIA, 28/07/11

Categorías: Sociedade

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.