Réxime de sesións da Xunta de Goberno de Pontecesures.
Este órgano colexiado integrado polo alcalde, Manuel Luis Álvarez Angueira, e polos tenentes de alcalde, Ángel Manuel Souto Cordo, Roque Luis Araújo Rey e Cecilia Tarela Barreiro, celebrará sesións ordinarias os días 1 e 15 de cada mes, ás 14 horas, trasladándose ao seguinte día hábil se coincide con sábado ou festivo.
Este réxime foi acordado na sesión constitutiva da Xunta de Goberno, que tivo lugar 18 de xullo de 2011.
0 comentarios