Axudas para a rehabilitación de vivendas no Camiño de Santiago.
Axudas do IGVS e do Ministerio de Fomento para a rehabilitación de vivendas no Camiño de Santiago, en Pontecesures se poden solicitar estas axudas para as vivendas situadas no trazado do Camiño Portugués.
Mais información no seguinte enlace:
3 comentarios
sobreiras · 7-08-2011 a las 18:58
Se poden, non. Pódense. Haber si utilizamos ben a nosa lingua. O galego non é unha traducción do castelán, e outro idioma. Nótase que sodes castelán falantes. Unha pena… E poño esto porque é unha nota do Concello,e debe estar correctamente escrita.
Caminante · 8-08-2011 a las 09:03
Home, está ben a denuncia… Pero xa que a fas, ainda que non sexas unha institución pública, predica polo menos neste comentario teu, co exemplo.
Non é «haber se utilizamos…» senón «a ver se utilizamos….» ? así, «a ver», pois expresa desexo ou mandato.
Pode valer «e poño esto», ainda que recoméndase o uso do «isto».
E desgraciadamente, todos, intitucións públicas, conselleiros da xunta (escoitaches a Agustín Hernández falando sobre o tema do IGAPE a semán pasada?), nós mesmos… cometemos moitos castelanismos debido á posición de dominio que o castelán ten con respecto ao galego aquí, e isto é o máis triste, en Galicia.
sobreiras · 8-08-2011 a las 21:25
Caminante, non se trata de como escriba eu o galego. Xa dixen que comentaba eso por ser unha nota do Concello, que debe usar a nosa lingua normalizada. Eu presumo de falar e escribir a lingua de Rosalía, non me importan os castelanismos, que sempre se usaron por aquí polas nosas xentes. O que si me molestan moito son as construccións verbais incorrectas, propias do castelán. En galego non hai verbos compostos e queda moi mal eso de : he ido (fun), he feito (fixen), se fixeron (fixéronse) etc. So pido que as notas do Concello e cando os nosos políticos falen en público, corrixan estes erros tan feos. Son galego falante, é a miña lingua materna, pero non sei a normativa a hora de escribir e tampouco estou moito dacardo con ela, con vocablos que parecen inventados, que nunca lle escoitei a meus pais, nin aos meus avós. Seguirei a facer os meus comentarios así, malamente en galego.