Nota íntegra sobre a montaxe do palco en Dodro por operarios de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O pasado día 29 de xullo, personal de obras trasladou a Fonte Primeiral (Dodro) un palco do Concello de Pontecesures para montar xa que o día 30 se celebrou alí un «Encontro dos Maiores», organizado polo Concello de Dodro.

Nada ten que dicir este concelleiro en canto a que se deixe a instalación ao muncipio veciño (xa se fixo outras veces e resulta importante colaborar sempre para abaratar custos a outro concello nestes intres de crise). Pero o que xa parece insólito é que o persoal do concello tivera tamén que empregar unha parte da xornada laboral en montar o palco no campo da festa. Bastantes labores pendentes ten o persoal de obras do Concello de Pontecesures no noso municipio para ter que traballar no termo municipal de Dodro parte da xornada dese día.

Non lle consta ao asinante da presente, que isto ocorrira algunha vez en Pontecesures. O goberno local está a bater bastantes récords nos dous meses nos que leva a fronte do concello. Temos por primeira vez tres concelleiros quecobran dedicacións exclusivas aumentando considerablemente o gasto para o concello. Por primeira vez colocouse unha barra ambulante das Festas do Carme, prexudicando aos hostaleiros locais. Tampouco lembra que o titular dun vehículo interrompira unha representación teatral como ocorreu en Carreiras hai uns días por non estar informado ao non darse difusión ao acto, e agora isto.

Deséxase saber de quen partiu a decisión esta de que os traballadores prestaran servizos en Dodro. ¿Foi unha decisión do alcalde como xefe de persoal, do primeiro tenente de alcalde, Ángel Souto, como concelleiro delegado de obras, urbanismo e servizos, ou dalgún outro concelleiro do goberno?. Esperemos que se nos aclare este tema.porque nos estraña o sucedido.

Pontecesures, 12/08/11

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures


39 comentarios

manolo o do bombo · 14-08-2011 a las 18:09

TI queres sacarlle puntilla a todo ,con tal de salir non sabes que decir ,xa aburres hai que levarse ben con todos os concellos ,o mellor dentro de pouco tocalle a DODRO de facernos a nos o favor,non sabes o refran hoxe por min e mañan por ti,si fora a maribel cartos cando estabas no desgoberno e deixarallo a maneiro estbas caladiño ,relajate ,e durme tranquilo,e non digas chorradas

outro · 14-08-2011 a las 23:00

Manolo o do bombo ¿non poderías conter esa ira irracional que che fai respostar o primeiro que se che ocurre a todo o que aquí se di? ¿Non podes pensar o que pasaría se todos che repostamos a ti do mesmo xeito? ¿Por qué supós que os demais din chorradas e non es ti o principal «chorradeiro» da web?
Relájate e durme tranquilo, Manolo.

    Caminante · 15-08-2011 a las 02:28

    «Outro», non podo estar máis en desacordo con esta túa contestación. Non vexo ira irracional no comentario de «manolo o do bombo».
    E creo que cada contesta como pode ou como sabe. Aquí todos temos, bueno case todos, comentarios mellores e peores, acertados e desacertados.
    Creo, insisto, que o que resulta un pouco irracional e fora de lugar, é o teu comentario. Recoñezo que vindo de ti, sorprendeume. Pero bueno, non deixa de sela miña opinión, que pode estar equivocada, naturalmente.
    Sobre a nova en si… non sei que dicir sabendo quen é o firmante, un home quen en cada nova crea TENDENCIA.

    Irracional: Que carece de razón.

      outro · 15-08-2011 a las 13:02

      Paréceme moi ben, Caminante, que estés en desacordo, pero non por iso vou cambiar o mais mínimo o que dixen. Xa non entro nas valoracións de Manolo o do bombo, no senso de que «hai que levarse ben cos concellos veciños, e seica iso leva implícito a cesión do persoal (Opina, Caminante, opina. Xa me gustaría saber qué pasaría se un Inspector de Traballo colle a un traballando en Dodro). Pero é que remata a faena con «Non digas chorradas».
      Á vista do cal, repito: ira irracional.
      (Irracional: Que carece de razón.)

porco bravo · 15-08-2011 a las 00:06

Eu penso «manolo o do bombo» que para comentar unha nova o primeiro que se necesita é saber ler.
Imos ir por partes e tratarei de explicarche o segundo parágrafo da nota de Sabariz a través dunha didáctica o máis sinxela posible:
1º. Cando Sabariz manifesta «Nada ten que dicir este concelleiro en canto que se deixe a instalación ao municipio veciño (xa se fixo outras veces e resulta importante colaborar sempre para abaratar custos a outro concello sobre todo nestes intres de crise) quere dicir que SI está dacordo co préstamo do palco e ao mesmo tempo recoñece que non é a primeira vez que se fai.
2º. Cando Sabariz manifesta » Pero o que xa parece insólito é que o persoal do concello tivera tamén que empregar unha parte da xornada laboral en montar o palco no campo da festa.» quere dicir que é unha vergoña que o persoal de obras do concello de Pontecesures vaia traballar para o concello de Dodro tendo tantas cousas que facer no noso pobo. Unha cousa é facerlle o favor de deixarlle o palco, pero o que é moi forte é o de ir os nosos operarios a montarllo. ¿A caso os de Dodro non teñen persoal de obras para facer este labor?

charly · 15-08-2011 a las 09:52

Deixavos de parvadas os concellos teñen que aforrar xuntar servicios
cesures xuntandose con valga aforraria tres soldos e jovernados por Maneiro
chegarian cartos en sintonia,,,pp, xunta,joverno central,
toca aforrar e parece que iso non sen entende neste pobo
pasaremolas canutas, –al tiempo–

Luis Angel Sabariz Rolán · 15-08-2011 a las 11:26

Senón senta ben a nota sobre o labor dos traballadores de Pontecesures en Dodro durante a súa xornada laboral, «manolo o do bombo», non lle podo facer nada. A nota é clara e reitero que é insólito o sucedido e pretendo coñecer como concelleiro da oposición quen dou esa orde.

papagos · 15-08-2011 a las 11:54

Unha vez lida a nota comparto a opinión de «manolo do bombo», é unha auténtica «chorrada» (unha máis do Sr Sabaríz). Desde logo o que vai bater marcas é vostede (esta frase copiouma), debe ser o concelleiro na oposición de toda España, que máis escritos leva presentados desde a toma de posesión do novo goberno municipal.
Vostede non exerce de oposición, vostede quere exercer de «Gran Hermano».

perdinosono · 15-08-2011 a las 13:38

xa deixando un pouco de lado o do concello de dodro, querria darlle a noraboa a CHARLY, penso q o seu comentario e o mais realista e humano, realistA: penso que nestes momentos de gran crisis ignorada deberiamos de ser conscientes de q deberiamos eliminar puestos e gastos inutiles ,ALCALDE, CONCELLAIS, PERSONAL BAGO E CHUPOPTERO ETC. E CENTRARNOS NO IMPORTANTE,CREACION DE EMPLEO E RECUPERAR UNHA CALIDAD DE VIDA Q EN ALGUN MOMENTO TUBEMOS, XA QUE OPERSONAL Q GOBERNA TANTO COMO O QUE AXUDA E NULO E INEPTO,»MOITOS MEDIOS E NULA CAPACIDAD E EFICACIA.
HUMANOS: PENSAR Q SI FACEMOS ESE PEQUENO ESFORZO , O FUTURO DOS NOSOS PEQUENOS PODERIA SER UN GRAN FUTURO, ESTAMOS NO MOMENTO DE SUMAR NON DE RESTAR,» MILLOR ser 11.000 habitantes, un alcalde eficaz, personal sin afan de protagonismos, menos luchas familiares por el poder(cesures) y menos personalismos = VIVA 1924., A QUE SON SERIA TAN MALA IDEA concello de PONTEVALGA?, SOBRE TODO RECIBIRIAMOS LA CORDURA DE NUESTROS VECINOS, AL IGUAL Q RECIBIMOS SUS NEGOCIOS Y SUS PERSONAS EMPRENDEDORAS , QUE VINIERON A ESTABLECERSE A CESURES Y ALLUDARON A CREAR ENTE PUEBLO SIN MIRAS NI FUTURO. CONSTE Q NACIN EN CESURES NO 1964

perdinosono · 15-08-2011 a las 13:53

COMPARATIVA: cesures————————–valga
alcalde- dudosa reputación………….gran regidor y persona
personal- si, dígame , ufff……………bo día, concello de Valga, dígame?
servicios- penoso eficiencia
local social vergoñoso ……………………que decir?
auditorio que es eso?………………………2 y acojonantes.
gimnasio jjjjjjaaaaa……………………….asi se hace!
poblacion dudosa estable y con futuro.

PODEMOS SEGUIR, PERO NOS DARIAMOS CUENTA DE PARA Q SIRVIO LA SEPARACION, ¡PARA JODERNOS A LOS PEQUE?OS, POR UN ORGULLO DE LOS MAYORES!

Luis Angel Sabariz Rolán · 15-08-2011 a las 15:48

Mira, «papagos», non trates de ridiculizar a función da oposición. Parece que desexas que esteamos calados. Reitero: estou totalmente en contra de que o persoal do noso concello faga traballos en Dodro dentro da xornada laboral. Esa é a queixa.
Pódese debater o que se queira en cuestión de fusión de concellos, «perdinosono» e criticar ou ensalzar o traballo de cada unha destas administracións. Non vou entrar eu aquí en discusión coas xestións doutros concellos. Obviamente estou en desacordo en moitas das túas apreciacións.
Á decisión de fusionar municipios vese ben dende os concellos máis grandes, e non así dende os pequenos, porque penso que os veciños destes consideran, en liñas xerais, que é bo ter próximo o centro de decisión das diferentes xestións e a solución dos problemas. Outra cousa é mancomunar servizos, abaratar custos, limitar retribucións, dedicacións, etc… En Pontecesures non escoito que o concello deba desaparecer coma tal é fusionarse, e ademais é un organismo viable económicamente. Pero, claro, poden vir decisión impostas pola situación de crise económica xeralizada que temos a todos os niveis, (rescate ou non de España, situación da prima de risco da débeda, déficit das administracións, fusións en Grecia e Italia, etc…). Son temas alleos á situación económica do noso concello pero que nos poden levar por diante cunha medida xeralizada. Imos ver en que queda todo isto.

outro · 15-08-2011 a las 17:17

Discrepo nas túas apreciacións, Sabariz. Cando dis «estou totalmente en contra de que o persoal do noso concello faga traballos en Dodro dentro da xornada laboral». Eu quero engadir dentro E FORA DA XORNADA LABORAL. Se o concello de Dodro ten problemas o que ten que facer e arranxalos, pero non co persoal doutro concello. Era o que faltaba, privilexios para as administracións. Fagamos unha comparación cunha empresa privada ¿Verdade que a ninguén se lle ocorre suxerir que un traballador da empresa X pode traballar para a empresa Y fora da súa xornada na empresa X?. Se traballa para outra empresa ten que facelo con todas as consecuencias, impostos, cotizacións sociais, pruriemprego, etc etc. Isto no cuestións de opinións, é a lei.
Moito más complicado e moito mais opinable é a cuestión das fusións. Na miña opinión non deixa de ser un localismo cada vez mais fora de lugar manter estes «micro-concellos «. Fai ben pouco comentaba eu que se teño que vivir no lugar de Pontecesures, municipio de Pontevedra ou Vigo o Galicia-Sur o como se quiera chamar, pois que sexa. O que é incuestionable é que xa non podemos manter 315 alcaldes en Galicia, cos seus ¿miles? de concelleiros con dedicacións, persoal de confianza, persoal dos grupos municipais, etc etc. Os tetos da vaca van secando e cada vez dan menos leite. Entendo que xa non queda a cousa en pertencer a Valga ou non. ? que Pontecesures é tan inviable como Valga, como Caldas, como Catoira e suma e segue. TODOS son inviables ¿Cal é a extensión de Madrid e cantos habitantes ten? Quen di Madrid di todas as grandes cidades ¿Por qué non facer catro, sete, dez…as que sexan, grandes cidades galegas. Xa quedarán así mancomunados os servizos. E aforraremos en persoal (tanto político como funcionario) unha cantidade que nin me atrevo a imaxinar.
(Para Caminante: vou cambiar agora a música e o cine pola literatura. Obra do día: Alicia en el país de la maravillas).

pedro da cachopa · 15-08-2011 a las 17:22

Y dijo yo. Si tanto os justa el Gran Estado Autocrático de Valjame-Dios ir vivir para alli y xa sabereis lo que es bo.Hai aljo que tenemos en el estado de Sexsures y que non teñen os pobres habitantes de Valjame-Dios,que és la libertá,aquí nosos jodernantes aunque non son bos, polo menos podes poñelos podres cuando vas al UNtamiento o en las tabernas de San Lois cando vas tomar chiquitas,sen medo a jrandes represalias.En Valjame-Dios eso non puede ser,e las xentiñas viven bajo el miedo e el temor del Jefe del Estado de Valjame-Dios e Maximo Sumo Potifice de Cordeiro,que joderna con mucha eficasia e traballo – non coma aljun jodernante de Sexsures que le justa mandar dende las tabernas – eso si,pero baixo un poder onimodo e divino ó que ninjen ten – esas cousas ovoides que echan las jallinas – para revelarse contra su poder casi divino.En Valja a xente ten medo , en Sexsures non,salvo a la secretaria del Untamiento que seje mandando más que calquer Jefe de Estado de Sexsures da nova étapa dende la fundasión de la I Republica Sexsureña instaurada por sr.Trenco e a Generala de Infesta ,ninjun Jefe do Estado de Sexsures tivo aun tanto poder como o que o hubió en tempos do Imperio del señor-monarca P.Pin.En Valjame-Dios ajora teñen un Jefe del Estado que é mui paresido na forma de jodernar que tiña P-Pin.
E Dodro es normal que haxa intercambio de cousas,Sexsures que é un estado moderna deixa os palcos, e Dodro a cambio , como potensia ajraria que é, manda carneiros para alimentar ós pobres consejales del Untamiento que non tuvieron la suerte de tener aun un sueldesito.

manolo o do bombo · 15-08-2011 a las 19:23

Moi ben pedro,o que non este contento que se poña ,que volvan os tempos del generalisimo como no concello veciño,el mando y ordeno y hago saber….

Luis Angel Sabariz Rolán · 15-08-2011 a las 19:58

Tes razón, «outro», tampouco sería normal que os traballos en Dodro para ese concello fixéranse polos empregados do Concello de Pontecesures fóra da xornada laboral.
Sobre as fusións, tampouco se debe ser crítico coa existencia dos concellos, penso eu. Parece que agora xa só falamos de débedas, das retribucións dos políticos, de escándalos, etc…E hai que lembrar que os municipios, tamén os pequenos, foron moi importantes para o desenvolvemento e a mellora da calidade de vida dos veciños nas últimas décadas. Non pode ser todo tan negativo. O que ocorre e que moitos concellos (grandes e pequenos) gastaron moito máis do que ingresaron. E ese é o gran problema.

outro · 15-08-2011 a las 21:32

Consciente de que é saírme da entrada, pero por clarexar a cousa.
Por suposto que os concellos pequenos tiveron a súa función, pero o certo é que hoxe son imposibles de soster. Eu non falei de escándalos. Falo das retribucións, tanto de políticos (normalmente tendentes a escandalosas) e de funcionarios, e falei de servizos.
Poñamos un exemplo hipotético. Pensemos o que costan os políticos en Pontecesures (incluido ti, Sabariz). Engadimos o persoal funcionario e laboral. E tamén o custo de determinados servizos como Aguagest, ORAL, etc etc.
Pensemos agora noutro hipotético concello de similares características.
Se os dous concellos formasen un so ¿O custo desas retribucións e servizos ía selo dobre? Por suposto que non.
Habería un aforro inmediato (políticos e servizos) e outro mais a longo prazo, a base de amortizar as prazas do persoal excedente.
E por suposto, por riba de todo, fai falla XA unaha lei que regule os salarios dos políticos e o número de adicacións co salario correspondente en cada concello. Mentras iso non sexa unha realidade, cada catro anos seguiremos a falar de escándalos.
E mentras tanto, Dodro, se no pode ir so, que vaia pensando e irse a Rianxo ou Padrón ¿Sabedes que Dodro ten un Centro de Día? ? para votarse a chorar.

Tachenko · 16-08-2011 a las 10:11

Xa sabemos que non hai que ser enxeñeiro para montar un palco, pero seguro que si o monta xente que está acostumada a facelo máis veces posiblemente se faga en cinco veces menos de tempo, e eso tamén e AXUDAR. Posiblemente Sabariz, si a ti un amigo ou familiar che pide algo que haxa que montar e ti o sepas facer rápido e como xesto de amabilidade lle puideses axudar, lle contestarías:
«-eu deixocha, pero monta tí».
Bueno, eso non me estranaría nada.
Respecto o que decía «outro» de si pasa por alí un inspector de traballo, creo que ahí luceste co comentario. Creo que viches moitas películas de «Sherifs» americanos, cando nunha persecución paran no final doutro condado porque non teñen jurisdicción.
Sabaríz, creo que tí si que vas a romper todolos records de protestas abominables, por calificalas dalgún xeito.

    outro · 16-08-2011 a las 23:31

    Tachenko, deixa as películas, porque semella que ti non viches unha, nin de sherifs americanos nin de Alfredo Landa. Entérate un pouquiño de que vai isto, porque está claro que non tes nin puñetera idea, e o único que se che ocorre dicir é o do sheriff. Repito a pregunta ¿qué pasa si os colle alí un Inspector de Traballo?. Se sabes a resposta dínola e nos enteramos todos. Se non a sabes, cala a boquiña. Está claro que ti nunca pagaches unha nómina nin nunca foches inspeccionado.
    E Sobreiras apunta moi intelixentemente a posibilidade do accidente e o da Mutua, que a min no se me ocurrira.
    Déixate de caralladas. Hai cousas que non se poden discutir nin defender, así que mellor cambia de tema ou cala a boca. Pero non me fales de Sherifs. A min non me vas facer calar con memeces como esa.
    Persoal do Concello de Pontecesures traballando en Dodro = MAL, MOI MOI MOI MOI MAL.
    Anda Tacj

      Caminante · 17-08-2011 a las 11:42

      «Outro», este comentario teu non está cheo dunha ira irracional? por qué tanta irritación?.
      «Tachenko» da unha opinión, para o meu entender, no referente á montaxe do palco, acerta de cheo e no referente ao da inspección de traballo, ao igual co que pensas ti, equivocada.
      Agora ben, a túa contestación dicindo que «non tes nin puñetera idea», «cala a boquiña», «cala a boca»… para min está fora totalmente de lugar. A verdade é que últimamente non che recoñezo.
      Dicíasme nun comentario anterior que opinara, supoño que acerca desta nova. Sinceiramente, unha sublime «churrada». Creo que hai cousas máis importantes para facer OPOSICI?N e todos o sabemos. Pero este señor, acostuma a publicar novas explicando as cousas a medias, iso cando o fai. E o que me extraña é que esta simpática personaxe non saiba ou coñeza os motivos polo que os operarios do concello prestaron os seus servizos no concello de Dodro…sabendo como a el xogar os «detectives». Pero bueno, formará parte do espectáculo cómico que ven representando este verán.

pontecesurex · 16-08-2011 a las 11:15

Por Dios, para cando unha ley que prohiba ayuntamentos de menos de 10.000 habitantes, pero si o unico que facemos e pagar sueldos a funcionarios…
A pero no me acordaba, as leyes fanas os politicos, e quen e o parvo que tira pedras no seu tellado jejejeje

Luis Angel Sabariz Rolán · 16-08-2011 a las 17:09

Resulta evidente, «outro» que non imos entrar aquí no debate das fusións, pero tamén opino que non se pode xeralizar en negativo sobre as cuestións do traballo dos políticos e do persoal dos concellos. ? evidente que debe haber límites en canto ao número e ás retribucións, pero parece que agora todos os males do país veñen dos concellos.
Mira, «Tachenko», por moito que ridiculices a situación, estamos a falar da xestión de fondos públicos, e da organización do traballo do persoal do concello, non de asuntos particulares. A crítica está feita, para mín non é de recibo o ocorrido e a veciñanza debe coñecer estes detalles. Este é o labor da oposición, para iso formamos parte da corporación.
Criticouse que haxa tres exclusivas cun aumento de gasto de arredor de 30.000 euros, o desatre organizativo de Carreiras, a devalución da festa do churro, que houbera unha barra de bar nas verbenas do Carme, a pasividade no enganche eléctrico do inminente albergue de peregrinos, isto dos obreiros que traballaron para o concello de Dodro, etc….O sexa, nada importante, todo abominable. Para ti, Tachenko, é mellor calar e punto. Semellas matrimoniado co poder en Pontecesures. A onde chegamos.

sobreiras · 16-08-2011 a las 17:32

E demencial do que nos temos que enterar, e que si non fose por Sabariz, ninguén sabería nada porque o resta da oposición está a durmir a sesta. Non pode ser que traballadores do noso Concello presten o seu servizo nun Concello veciño. Efectivamente unha cousa e o préstamo, e outra ben distinta que os nosos traballadores presten servizo en Dodro. ¿Dónde se veu eso?. Eu, como moito entendería que un operario noso vixiara que o escenario se montase de forma correcta, para non deterioralo, por experiencia, etc., pero non tres homes traballando en Dodro x horas. Antecedentes temos, noutra época creo que xa foran traballar a Taragoña… e a bos entendedores poucas palabras bastan. Pero aínda entendo menos que por esta información que nos dá o concelleiro da oposición, arremetades contra él como fieras. El fai o que ten que facer, como fixo sempre, sendo goberno ou ahora oposción, o que vos amola e que teña tanta capacidade de traballo, nun sitio ou noutro. Nin xuntando todo o goberno actual facedes unha décima parte dun Sabariz Rolán. Sinto moito decírvolo pero hai que espavilar, porque sinon cómevos vivos. ¡¡¡Que me los papo!!!

sobreiras · 16-08-2011 a las 17:37

Esquencíame decir : ¿E si houbese un accidente? ¿Que mutua pagaría? ¿A do Concello de Cesures, ou a do Concello de Dodro? ¿Ou actuaríades mentíndolle a Mutua?. Queremos saber quen ordenou semellante falcatruada. Hai que ser máis serios coa Institución Municipal.

papagos · 17-08-2011 a las 11:54

Está claro que a nota dou para moito, uns ata se cuestionan a existencia do concello, e non só iso, senón que por «dedocracia» quérennos impor coma alcalde a Maneiro, e digo eu, que nunha moi, moi, moi… hipotética fusión entre os dous concellos como mínimo o alcalde teriamos que elixilo democratícamente entre todos. Pero volvamos a Dodro:

Sr Sabaríz, a mesma liberdade que ten vostede para escribir as notas que queira témola os demais para criticalas, e se non lle gusta aguántase.

«outro», o que non ten puñetera idea es ti, os traballadores que montaron o palco en ningún momento deixaron de ser traballadores do concello de Pontecesures, nin variou o seu marco legal (que diría o Sr Sabaríz na nota se non fose así), nin inspección de traballo, nin accidente laboral,.. nin catro gaitas. «Tachenko» sabía do que falaba.

«sobreiras» a túa frase «nin xuntando todo o goberno actual facedes unha décima parte dun Sabariz Rolán», … déixame sen palabras.

Luis Angel Sabariz Rolán · 17-08-2011 a las 12:38

Segundo a túa opinión ás notas da oposición son cómicas, «Caminante». O sexa cómico é o do palco montado en Dodro por traballadores do noso concello, cómico é o da festa do churro, cómica é a nota sobre a tramitación do enganche do albergue de peregrinos, a da variante da Nacional, a da barra nas verbenas, a dos salarios dos tres tenentes de alcalde, etc….. Non, se haberá que estar calado. O sexa que observamos, por poñer un exemplo, que por primeira vez en Pontecesures hai tres concelleiros que cobran dedicación exclusiva por cinco horas diarias de traballo e aumenta o gasto para a facenda municipal en 30.000 euros anuais e temos que dicir amén. Que por primeira vez cobra no concello un concelleiro de educación, deportes e servizos sociais e temos que dicir tamén amén. Que por primeira vez cobra unha concelleira da Muller e temos que dicir tamén amén.
? curioso, levo tempo pedindo as contas das Festas do Carme e aínda non mas facilitaron. Se segue a pesar o tempo queixareime (¿ou non «Caminante»?). Para non facer nada, para estar calado, para estar por estar, para non traballar nestes asuntos é mellor deixar a corporación e irse para a casa deixando o sitio a outra persoa que o faga.

Luis Angel Sabariz Rolán · 17-08-2011 a las 13:45

Estámonos desviando do tema, «manolo o do bombo». Queda exposta a nova sobre os traballos en Dodro e reitero que a min paréceme insólito o sucedido. Espero enterarme de quen do concello foi o responsabel desa orde aos traballadores.
Remato: non lle gusta a «manolo o do bombo» o das retribucións dos tres tenentes. Nin entrei nunca neste tipo de repartos, nin emporco, nin vou deixar de comentar o dos 30.ooo euros a maiores. A veciñanza ten que estar informada sempre, e a nosa función é lembrar isto en toda a lexislatura. Bastantes persoas comentáronme que era vergoñento que houbera tres soldos no Concello de Pontecesures para políticos. Iso está na rúa, e ti o sabes.

outro · 17-08-2011 a las 17:04

Caminante: cando alguén me quere corrixir (como neste caso fixo Tachenko), falando de películas e de sherifs, deixa a veda aberta. Se ademáis non sabemos do que falamos, a cousa xa vai moito a peor. Isto non vai de dedicacións, nin de todas esas historias das que se está a falar. Eu falo dos traballadores do concello de Pontecesures traballando en Dodro. Ata o de agora NINGU?N me fixo ninguha argumentación. En concreto di despachas a cousa con «hai cousas moito mais importantes», o cal, aínda sendo absolutamente certo, é irrelevante nesta entrada. ESTA ? A ENTRADA. Os de Cesures traballando en Dodro. O que quiera falar do pacto da lexislatura anterior, da exCartos, de Sabariz no concello de madrugada, das tres adicacións a 1.300 euros… o que quierades, nova entrada e a darlle duro, pero aquí falamos de Dodro.
Papagos: de verdade ¿pero ti tes a mais remota idea do que é un marco legal? «… nin catro gaitas». Iso é todo o que sabes dicir. Na túa vida viches diante un Inspector de Traballo, e moi probablemente nin saibas o que é iso.
Na miña vida vin maior demostración de ignorancia.
Caminante, Tachenko, Papagos… veña home, que non se diga… dicir algo consistente ¿qué pasa se un Inspector de Traballo colle ó funcionario de Pontecesures traballando en Dodro? ¿Que pasa se morre nun accidente en Dodro?. Imos esquecer cheriffs, películas, e que hai cousas mais importantes que esa (por suposto, moito mais importantes), pero agora falamos diso.
¿Alguén vai dicir algo intelixente? ¿Imos seguir coas vaguedades, imprecisións e opinións sen fundamento como as demostradas anteriormente?

Antonio Cortés · 17-08-2011 a las 20:22

O tema da entrada está claro, calquera fora de tema, pasará a «moderado». Non podemos estar sempre a empregar as entradas para dispersar todo tipo de asuntos tranformando esto nun caos de opinión e berros.

O tema é que traballadores do concello traballaron noutro concello. Que esto chegue a que se fale da necesidade si ou non, dun cambio nos concellos, coma solución a que este tipo de casos non ocurran, é un dialogo que non ten cabida noutra entrada, e é algo que podería considerarse dentro do tema.

Pero comentarios sobre, impagos de festas, dedicacións de concelleiros, … xa teñen entradas e entradas nesta web, como para acabar finalmente nesta entrada.

    Caminante · 17-08-2011 a las 21:35

    Si, todo moi bonito, pero o meu comentario está moderado por falar de exclusivas, entre outras cousas. O demáis, contestación ao comentario do señor Sabariz.
    Iso si, meu comentario censurado. O señor Sabariz, que é o que saca o das exclusivas comentario si e comentario tamén, publícase. Esta claro, Sabariz é o que da «vida» a esta páxina cas súas publicacións e esto o moderador, sabeo.
    Non me gusta isto, Cortés. Se censuras a uns, censuraba todos por igual. Olvídate das cores políticas de cada un.

      Antonio Cortés · 17-08-2011 a las 22:28

      ¿ Para que me molesto en enviar correos electrónicos si o final non se leen ?

      Envieiche esto:


      Asunto: Comentario pontecesures.net
      Fecha: 17 de agosto de 2011 20:25:17 GMT+02:00
      Para: XXX

      O seguinte comentario pasou a moderación, xa que está fora de tema, ó continuar unha conversa fora de tema, como non son quen de «mutilar» un comentario para que esté acorde co tema, aquí está integro para que, si así o considera, volte poñer a parte relativa a entrada.

      «Non, señor, non. O que digo eu que é cómico, son as notas da S?A oposición. Vostede, á lectura do seu comentario, xa se erixiu en «xefe» da oposición. Non me queda claro se fala como 3ª forza en nº de votos da oposición, como ACP ou como L.A. Sabariz.
      Agora ben, fale no nome de quen fale, a min as moitas das súas notas parécenme cómicas, sen fondo, planas e sen interés para a xente de Pontecesures, iso si, cargadas de tendencia, non llo vou a negar.
      E claro que fará ben en queixarse no referente ás contas da festa.

      Unha cousa ten que quedar clara. Ainda que vostede se considere oposición, non por iso ten que tela razón no que denuncie, e ten que aceptar que alguén poida rebatilo. Chámaselle INDEPENDENCIA de ideas.

      Mire, no tema das exclusivas, vostede que se di tan transparente, ainda non respondeu aquí neste medio a canto estaría disposto a chegar o día 8 de xuño con tal de que TeGa non apoiara o señor Angueira. Iso no di, porqué non lle interesa. A que eran tres tamén? E máis se fixera falta. Pero o encontro no bar Tamara, na de Farrucan, no Corona e no Muelle fracasaron, e a ronda automovilística co señor Cadilla de copiloto de nada sirveu.

      E creame, a veces é mellor estar calado un pouquiño.

      Perdón pola extensión, señor Cortés.»


      E moi triste que sempre se estén a cumplir unha serie de situación sempre.

      Cando corto os «Fora de tema» xa alguén ve unha man «oculta». Non importa a quen llo modere, porque ó final, sempre pensa que é algo persoal.

      Cando mando un correo electrónico explicando o que ocurre con un comentario, non se me responde, que sería o normal, e vense a protestar á web. Si tomo o traballo de copiar o comentario, comentar o porque e enviar este, o mínimo que se espera es que siga, por ese medio: correo, calquera discrepancia ou diálogo, pero non, é mais fácil vir aquí a comentar outra vez fora de tema.

      No correo electrónico que enviei, estaba moi claro: como non son quen de «mutilar» un comentario para que esté acorde co tema, aquí está integro para que, si así o considera, volte poñer a parte relativa a entrada.

      ¿ Moito traballo facelo ? Parece ser que si, xa que ó final, é máis facil comentar.

      Incluso na páxina de comentarios moderados Consta: * Caminante 17/08/2011 a las 19:04 – Fora de Tema :: Non se debe continuar un comentario fora de tema. Foi enviado un email co comentario integro.

        Caminante · 18-08-2011 a las 10:42

        Señor Cortés, eu no vexo así.
        Estaría dacordo se eu, á lectura dunha nova, comentara algo distinto ou que nada ten que ver co que trata a susodita. Ata aquí dacordo.
        Pero no que non estou dacordo é que me modere un comentario que é unha resposta a outro comentario previo no que se fala de todo (exclusivas, oposición) e nada ou case nada ( unha escueta frase, de feito) acerca do palco de Dodro. Unha vez que se abren outros temas no debate e se publica, por qué se censura a contestación? por que non menciono nunha escueta frase unha vez a palabra Dodro ou palco? Iso é o que non entendo ou non acabo de entender.

        Efectivamente, foime remitido un email co comentario integro e teña por seguro, que foi todo leído con atención. Pero non, contesto, queixome «en público», pois non considero xusto que se censure, si, censure un comentario coma este e nembargantes se publique todo tipo de menosprezos, acusacións de malversacións, faltas de respeto, a distintas persoas de distinta opción política. Iso é o que me molesta e moito.
        Pero bueno, este é o seu medio e eu terei que aceptalas regras do seu xogo.
        Man oculta? non por Deus, man á vista, con cor clara e nítida.

Luis Angel Sabariz Rolán · 18-08-2011 a las 08:59

Incrible que unha crítica por traballar en Dodro os operarios de Pontecesures, ocasionara este tipo de reaccións de varias persoas con acusacións incluso para o administrador Antonio Cortés. En fin, os feitos están aí e este concelleiro da oposición, mentres ocupe o cargo e por moito que lle pareza mal a algunha xente, realizará o seu cometido que é informar, fiscalizar e facer propostas.

    Caminante · 18-08-2011 a las 13:07

    Pero de que reaccións fala? Pero quen foi o primeiro en falar de exclusivas nesta entrada? Pero tan difícil lle resulta gardar un pouco de silencio, máxime cando foi o que sacou o tema das adicacións exclusivas?

    Vexo, porqué «cheira sangue», que aquí si ten opinión. Nembargantes, cando se lle pregunta algo que considera incomodo, non opina. Xa que quere «sangue» vou facer «sangue»; cantas exclusivas habería? de canta cuantía? considerase o xefe da oposición? no nome de quen fala? do seu? da ACP? conta vostede para a toma de decisións ca xente da lista da ACP? por qué lle molesta tanto que a min algunha das súas notas da S?A oposición me poidan resultar cómicas? por qué non podo discrepar? non podo discrepar? quen lle di a vostede que nos parece mal de que informe?…
    A ver se ten agora a mesma celeridade para contestar coma a que tivo antes. Senón, quizais moita xente, bastante xente (termos moi utilizados por vostede) no pobo, pensará que «esconde» ou oculta algo.
    Non creo que por discrepar ou criticar ao moderador pase absolutamente nada. Noutra época non moi lonxana, algunha «marcábache». Pero claro, non se lembrara ou non querrá lembrarse. Laguna mental chámanlle, no seu caso, laguna mental cando interesa.

    ? verdade, señor Cortés, non falei do tema da entrada da nova do palco de Dodro montado polos operarios de Pontecesures. Espero que así vala.

      Antonio Cortés · 18-08-2011 a las 13:30

      1) Completamente fora de tema.
      2) Non me preocupan as críticas, todo o contrario, si sirve para mellorar esto, benvidas sexan, que falando todo se amaña. O que non me gusta e que, con dúas denuncias ás miñas costas por esta web, parece que o que é «axudar» e «colaborar» non está «de moda», e so pido un pouco de axuda para que entre todos regulemos esto, e non sexan as normas máis que simples guías de conducta entendidas e creadas por todos, non é moito o que pido, pero parece que costa moito, demasiado.

      Na seguinte entrada hay unha enquisa, na que coido deberías indicar a túa opinión sobre a moderación. Si estás de acordo ca actual política de moderación, non fai falla que a respostes.

      http://www.pontecesures.net/2011/08/18/pontecesures-net-cumpre-6-anos/

papagos · 18-08-2011 a las 10:55

Pois si que a nota sobre o préstamo do palco a Dodro dou moito que falar. Entendo Antonio que o papel de moderador é complexo. Aínda que a norma é que os comentarios sexan sobre a entrada, as alusións directas a un comentarista fan inevitable unha resposta a maior parte das veces fóra de tema. Comparto contigo, que cando unha moderación parécenos inxusta debemos comentalo a través de email, pero tamén creo que «Caminante» leva algunha razón, o comentario de Sabaríz, con alusións directas a el: «Segundo a túa opinión ás notas da oposición son cómicas, ??Caminante?…» e ao que ía dirixida a súa resposta, nada ten que ver coa entrada. En fin, todos temos que pór da nosa parte para que flúan os comentarios cunha certa orde.

Permiteme comentar unha última cousa, en relación a última perla do Sr Sabaríz «…ocasionara este tipo de reaccións de varias persoas con acusacións incluso para o administrador Antonio Cortés», coma sempre o Sr Sabaríz intenta sacar tallada de calquera situación, e intenta menospreciar aos que discrepan coas súas actuacións. Este señor, nin representa a oposición (é a representación mais pequena), nin por suposto a todos os comentaristas desta páxina.
Recoñezo que este comentario está fora de tema, pero estarás de acordo conmigo Antonio, en que a diversidade de opinións tamén dan vida a esta web.

Antonio Cortés · 18-08-2011 a las 12:13

Xa que temos un problema á hora de moderar. Agradecería suxerencias, e algunha resposta á preguntas que plantexo na seguinte entrada.

http://www.pontecesures.net/2011/08/18/pontecesures-net-cumpre-6-anos/

Luis Angel Sabariz Rolán · 18-08-2011 a las 13:31

Criticas podedes facer as que queirades. «Caminante», os obreiros do noso concello utilizaron parte da súa xornada laboral en traballar en Dodro e para o Concello de Dodro. Ninguén rebatiu que o 29 de xullo foron a ese municipio, esta claro. Esa é a miña denuncia, iso é o que deben saber os veciños de Pontecesures, iso é o que me fai preguntar quen foi o responsable da orde. Que simplemente por facer oposición como é a miña obriga faledes de emporcallador, que se fago sangue, que non represento a ninguén, que quero sacar tallada, que menosprecio, que agocho cousas, que son cómico, etc…pois que queredes que vos diga. Os letores xulgarán e valorarán as actuacións de cada quen. Non queda outra.

Cara de cona · 18-08-2011 a las 16:49

Como fastidiou que o Saba se enterase desto de Dodro……..quen sera o garganta que lle conta esto…….a Cecilia da cocha anda negra……esperaban que o Saba fora do goberno calara. para sempre…..pero enterase de cousas…..esto de dodro e unha vergonza…….e esta moi ben decilo…pero claro que algun traballador do concello non traballa nin en dodro…nin en cesures…anda co coche do concello por aí todo o día gastando combustible….e de paseo…jo…jo..jo…

outro · 18-08-2011 a las 17:32

Pobre Antonio e e pobre Sabariz. Cáenlle por todos os lados. Ninguén semella darse conta de que se nos falla algún dos dous imos quedar sen diversión. Mentras tanto, e despois de ler coa máxima atención e a máxima estupefacción todo o anterior, vou repetir o final do meu anterior comentario:
Caminante, Tachenko, Papagos? veña home, que non se diga? dicir algo consistente ¿qué pasa se un Inspector de Traballo colle ó funcionario de Pontecesures traballando en Dodro? ¿Que pasa se morre nun accidente en Dodro?. Imos esquecer cheriffs, películas, e que hai cousas mais importantes que esa (por suposto, moito mais importantes), pero agora falamos diso.
¿Alguén vai dicir algo intelixente? ¿Imos seguir coas vaguedades, imprecisións e opinións sen fundamento como as demostradas anteriormente?
E vou engadir agora, a ver se alguén se anima:
Inspección de Trabajo (con «J», pertence ó Ministerio, non á Consellería de Traballo): Avda. Cánovas del Castillo, 18 – Vigo. Teléfono 986 43 06 00
Agora ben, se queredes seguir con Sabariz e coas mans negras e ocultas que andan por ahí… perfecto.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.