Gran papel de Pablo Potel, Adrián Castiñeiras e Sabela Caldelas na Travesía Ría de Betanzos de Piragüismo.
As Torres rematou tamén cuarto por equipos (1.553 puntos) na Travesía Ría de Betanzos, con triunfo para o Ciudad de Pontevedra (1.817) e dous equipos arousáns máis entre os dez primeiros: o Piragüismo Illa de Arousa, sexto (1.507 puntos), e o Breogán, oitavo (1.148).
A nivel individual, salientar os quince podios da zona, con dous plenos incluídos. O da proba de C-2 Cadete, con Pablo Potel e Adrián Castiñeiras (N. Pontecesures), Diego Naveiro e Borja Meis (Breogán) e Adrián e Daniel Chazo (Piragüismo Illa) primeiro, segundo e terceiro; e o de C-2 Sénior, con triunfo de Ángel Cristian Ribadomar e Miguel Fernández (Breogán) seguidos por esta orde por Alejo Filgueira e Sami Grigore (Breogán), e por David Maquieira e Juan Ramón Bayón (Náutico O Muíño).
Tamén gañaron as súas probas Jacinto Suárez e Damián Fernández (P. Illa), no K-2 Cadete, Rebeca Laurijssen e Sabela Caldelas (N. Pontecesures), no K-2 Dama Cadete, e Míriam Durán Dorado e Fátima Varela (P. Illa), no K-2 Dama Xuvenil. Joel Oubiña, no C-1 Cadete, e Lidia Bayón, no K-1 Dama Xuvenil, déronlle sendos segundos postos ao P. Illa.
Os clubs de Arousa e do Baixo Ulla fanse con quince podios na Travesía Ría de Betanzos.
DIARIO DE AROUSA, 23/08/11
0 comentarios