As beirarrúas de Doctor Mosquera en estado lamentable.
Na rúa Doctor Mosquera de Condide (Pontecesures), houbo dúas avarías de auga hai tempo, que obrigaron a levantar dous tramos de beirrarúa como se aprecia nas fotografías.
Tanto tempo pasou que incluso creceu a maleza no terreo dando unha sensación de abandono que chama a atención con vallas e pivotes colocados de calquera xeito. Ademais os veciños vense na obriga de ter que ir pola calzada neses tramos.
Solícitase ao concelleiro de obras e servizos, Ángel Souto, (que coñece perfectamente as deficiencias pois reside nesa rúa a escasos metros das zonas afectadas) que se acometan canto antes as obras de reposición das beirarrúas. Dende logo é unha falla de respecto aos seus veciños de Condide que na rúa Doctor Mosquera teñan que soportar esta desidia do goberno local para con eles.
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures
7 comentarios
jandarola · 7-09-2011 a las 18:33
Impressssionaaante!!! este Sabaríz.
CORDO… CAMINA O REVIENTA….van a por ti
¿por qué será?.
Primeiro o regadio, agora as aceras, cal será a próxima… en Condide?…
E CORDO vai apoiar o gasto 30.000 euros (que non lle custaron nada) alá no Caldeirón, o que decía Sabariz:
32.000 euros de obra máis 30.000 de incremento nos salarios todo no mismo ano e nun periodo de dous meses …. foder… coa crisis… sodes a hostia, e despospois non queredes a ANEXION DE PEQUENOS MUNICIPIOS, ¿cánto tempo van durar os 300.000 euros que seique había de remanente?….. con esto hai que ir á prensa señores da oposición, á prensa con este despilfarro, acelerado e pouco ponderado…. joder como decían por aí que busquen cartos noutras administracións….
caja no caldeiro · 7-09-2011 a las 22:24
a estes non lle dan nin un can en nigun sitio, oes, jandarolo ademais hai aí unha tela verde no cierre desa finca da foto que leva ai anos, parece un jaliñeiro, que cousa mais fea para entrar nuinha casa nova de por ali, Cordo o unico que fixo en Condide e limparlle o camiño ao Xurelo do PP, e ademais o fixo o bruxo de Grobas do Psoe co tractor, votos enton cero redondo, outro randulfe en pequeniño
o palillo · 8-09-2011 a las 21:49
mira CAJA NO CALDEIRO cada un na casa ten o que pode se ti es moi rico sacalle o jaliñeiro e se vondadoso e faille ti un cierre .deixade de criticar as casas dos demais e preocupadevos do voso.as aceras de condide levan un mes mais ou menos rotas señor XABARIZ outros para aranxarnos un miserable buraco diante das casas cando vostede estaba no goberno tibemos que esperar 4 anos e na bispera da reflesion pola tarde acordoubos facer todo .PD xa lle dixen mais dunha vez que o lixo no ollo dos demais vese moi ven pero primeiro acordese do que fixo vostede.
Tachenko · 9-09-2011 a las 09:36
Buff, un mes. Esta a punto de batir o record que esta en poder das obras das aseras do sentro do pueblo que tiña Camaño.
Luis Angel Sabariz Rolán · 9-09-2011 a las 16:10
Penso, «Tachenko», que non ten nada que ver a reposición dun tramo pequeno de beirarrúa levantado por unha avaría de auga de hai dous meses ou máis, cunha obra integral de construción de beirarrúas nas rúas centrais colocando os servizos soterrados antes.
Tiroliro II · 9-09-2011 a las 23:42
Aqui se defende o indefendible, o destas aceras e una vergonza e asi o din os de condide, o que hai que facer e arrombalas, as cousas como son
Tachenko · 10-09-2011 a las 11:53
Si home, tes razón. Nesta ocasión douche a razón completamente. Creo que pouco traballo lle costaba arranxar eso e deixalo como ten que estar.