Excursión á Feira Internacional de Turismo Termal «Termatalia 2011» do Concello de Pontecesures.
O Concello de Pontecesures está o organizar unha viaxe á Feira Internacional de Turismo Termal TERMATALIA 2011 para o vindeiro domingo 25 de setembro. A viaxe inclue:
- Viaxe de ida e volta en autobús.
- Entrada á feira.
- Visita guiada á feira.
- Visita turística á cidade de Ourense, percorrendo o casco histórico e as termas.
- Xantar nun restaurante da cidade de Ourense.
Saída dende o Coche de Pedra (Rúa San Lois) ás 9.00 da mañá e chegada estimada ás 21.00 da noite.
Esta excursión está aberta a todos/as os/as veciños/as de Pontecesures, habendo 50 prazas dispoñibles.
O prezo por persoa é de 10 ?.
A inscrición faráse nas oficinas centrais do concello, entregando no momento os 10 ? da cota de inscrición.
O prazo de inscrición é dende o 14 ata o 20 de setembro.
As prazas para esta viaxe asignaránse por rigoroso orde de inscrición.
0 comentarios