O alcalde de Pontecesures convoca aos comerciantes para tratar sobre a Mesa Local de Comercio.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Nestes días os comerciantes cesureños están a recibir o seguinte escrito:

????Mediante a presente infórmase de que dende decembro pasado está en vigor a nova Lei do Comercio Interior de Galicia, que xurde para darlle un impulso a este sector comercial.
Entre outros aspectos, cada concello vai ter que constituir a ??Mesa Local do Comercio?, cuxo principal obxectivo pasa por acadar un maior dinamismo e modernización deste sector. Nesta mesa local, que se reunirá alomenos unha vez ao ano, estarán representados os comerciantes, representantes do propio Concello, consumidores e da propia Xunta de Galicia, para entre todos, definir as actuacións que se poden levar a cabo neste pobo no futuro, para buscar conquerir ese obxectivo de realzar o pequeño comercio local.
Para tratar estes aspectos, convócase a todos os titulares de comercios, entre os que está Vde. a unha xuntanza o vindeiro martes 20 de setembro no salón de plenos da Casa do Concello, a partir das 21 h.??.

Categorías: Concello

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.