Ampliación do horario na oficina técnica municipal de Pontecesures.
Á Xunta de Goberno Local de Pontecesures, integrada polo alcalde Manuel Luis Álvarez Angueira e polos tres tenentes de alcalde, Cecilia Tarela Barreiro, Ángel Manuel Souto Cordo e Roque Luis Araújo Rey, en sesión do 5 de agosto de 2011 (que coñecemos agora), adoptou o seguinte acordo:
«»AMPLIACI?N HORARIO OFICINA T?CNICA MUNICIPAL. Atendida a acumulación de tarefas que se están a producir na Oficina Técnica Municipal, sendo necesario continuar cos cometidos porpios da mesma, principalmente: dirección e control das obras municipais, elaboración de informes urbanísticos e de licenzas, redacción de orzamentos e a atención do público, entre outras, e que agora só está cuberta por un técnico durante dosu días á semana, a Xunta de Goberno Local, por unanimidade, acorda aumentar o horario da oficina técnica municipal, en evitación de atrasos nos cometidos que lle son propios, mediante o aumento dun día máis pasando a tres cun total de 21 horas semanais, modificando o contrato do técnico municipal neste senso e nas retribucións, fixándose en mil cincocentos euros brutos mensuais por todos os conceptos, en proporción ó aumento do horario.»»
1 comentario
Tiroliro II · 16-09-2011 a las 18:33
A gastar, este goberno dos tres tenientes que cobran a gastar mais, pero que licencias hai agora ca crisis? que movimiento?, que obras están facendo estes? que conseguiron? non lle chega con cobrar a Cordo o de obras que causa gastos maiores, o problema me din que e que Cordo leva o tecnico a todas partes por ahí polas ruas polas mañas para nada, e un secante do traballador e non lle deixa nin respirar, e para que?, este caballerito quere figurar en todo e vainos costar un ollo da cara