Carta dirixida ao alcalde de Pontecesures sobre a Mesa Local de Comercio.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Temos coñecemento que vostede enviou aos comerciantes locais nestes días o seguinte escrito:

????Mediante a presente infórmase de que dende decembro pasado está en vigor a nova Lei do Comercio Interior de Galicia, que xurde para darlle un impulso a este sector comercial.
Entre outros aspectos, cada concello vai ter que constituir a ??Mesa Local do Comercio?, cuxo principal obxectivo pasa por acadar un maior dinamismo e modernización deste sector. Nesta mesa local, que se reunirá alomenos unha vez ao ano, estarán representados os comerciantes, representantes do propio Concello, consumidores e da propia Xunta de Galicia, para entre todos, definir as actuacións que se poden levar a cabo neste pobo no futuro, para buscar conquerir ese obxectivo de realzar o pequeño comercio local.
Para tratar estes aspectos, convócase a todos os titulares de comercios, entre os que está Vde. a unha xuntanza o vindeiro martes 20 de setembro no salón de plenos da Casa do Concello, a partir das 21 h.??.

Observamos así que se vai crear a Mesa Local de Comercio de acordo co disposto no artigo 21 da Lei 13/2010, de 17 de decembro, do comercio interior de Galicia xa que aínda que non temos en Pontecesures asociacións de comerciantes, contamos con bastantes máis dos 20 comercios dos que fala a lei.

Como o goberno local nada nos comentou desta convocatoria, a ACP considera que a oposición debe ser convocada a esta reunión previa á constitución da mesa para aportar o que considere oportuno en relación coa normativa e coas iniciativas sobre a actividad comercial na vila de Pontecesures tendo en conta ademais que non contamos nin con asociación de comerciantes nin tampouco con asociación de consumidores. Por suposto, e como é a nosa obriga, queremos coñecer ??in situ? na ACP as inquedanzas e propostas dos comerciantes locais para potenciar este sector. Por suposto que nesta cuestión todos debemos ir xuntos da man, beneficiando ao municipio e aos nosos veciños.

En consecuencia, solicítase a Vde. que convoque para asistir a esta reunión ás forzas políticas que forman parte da corporación, o sexa o representante da Agrupación Cidadá de Pontecesures (ACP) e os representates do Partido Popular (PP) e de Independientes de Pontecesures (IP).

Pontecesures, 15/09/11

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures

SR. D. Manuel Luis Álvarez Angueira
ALCALDE DE PONTECESURES


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.