Teatro en Pontecesures «Contos coas mans abertas».
A compañía de teatro A Tropa de Trapo porá en escena o espectáculo «Contos coas mans abertas», dirixido a público adolescente e adulto. Esta proposta baséase en pezas narradas a dúas voces, cun acompañamento de guitarra e laúde arabe que convida á reflexión.
CONTOS COAS MANS ABERTAS recopila historias reais, humanas e sinceras. Mulleres dunha aldea galega que aprenden a andar en bicicleta, cooperantes, guerrilleiros sandinistas, vacas, inmigrantes do Magreb e unha tribu de bosquimanos… todo misturado cun ritmo entretido, cercano e emocionante. Sempre aliñado cun pouco de retranca, misterio e ilusión… e o ritmo da música en directo. Un espectáculo cheo de esperanza, de humor, de amor, de pequenas loitas posibles e de grandes soños no horizonte. Contos para mellorar o mundo, para entendelo mellor, para traballar por el. Sempre coas nosas mans, as que temos, as que tanto valen : as nosas mans abertas.
VENRES 23 DE SETEMBRO – 21.00 HORAS – CENTRO SOCIAL.
0 comentarios