Profesores do IES Valga, contra a obriga de custodiar ao alumnado transportado.
O claustro de profesores deo IES Valga emitiu onte un comunicado no que se posiciona en contra da obriga imposta pola Consellería de Educación de custodiar ao alumnado transportado.
Subliñan que están ante un labor profesional «que non nos corresponde realizar como profesionais da docencia», xa que existen outras figuras profesionais, como os coidadores, encargadas dunha atividade que se realiza previamente fóra do horario esclar, «distinta á docente que é a nosa actividade profesional propia».
Engaden que a custodia do alumnado transportado «non se pode equiparar ás atencións ao alumnado noutros períodos como os recreos», xa que as mesmas se realizan no horario escolar dos centros, nuns espazos concretos e no marco da actividade educativa ordinaria». Tampouco se trata de «traballar máis ou menos horas», xa que este labor pretende recoñecerse como tempo de garda, senón que «se pretende que realicemos un labor profesional que non corresponde coa nosa formación nin capacitación profesional», na maior parte dos casos contrastada por un proceso selectivo úblico (oposicións) pormovido pola propia Xunta para un desempeño profesional como docentes de diferentes materias, non como coidadores.
DIARIO DE PONTEVEDRA, 22/09/11
0 comentarios