Mª Dolores Castiñeiras Mondragón, representante dos comerciantes na Mesa Local do Comercio de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Ás 21 horas, e outra vez con escasa asistencia de comerciantes (unha ducia, aproximadamente), celebrouse hoxe 3 de outubro no salón de sesións da Casa do Concello esta elección. Non estivo na reunión o alcalde e si os tres tenentes de alcalde, Cecilia Tarela, Ángel Souto e Roque Araújo así como o técnico de emprego, José Francisco Rodríguez Fructuoso. Como se postulou na reunión do 20 de setembro Mª Dolores Castiñeiras Mondragón no caso de non se presentar ninguén, preguntouse se algúen máis dos asistentes quería ser candidato. Non os houbo e así Mª Dolores Castiñeiras Mondragón, titular da parafarmacia de rúa San Lois nª 36 será a representante dos comerciantes na Mesa Local do Comercio de Pontecesures. O acto despachóuse en apenas dez minutos.

Categorías: Concello

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.