O PONTECESURES C.F. DE FUTBOL SA XOGA MA?Á SABADO NA CASA

Publicado por fru o

Mañá sábado, ás 17 h. no polideportivo cesureño, o equipo do Pontecesures C.F. vai xogar o seu 3º partido da liga autonómica sur,  formada por equipos de Pontevedra e Ourense, logo do ascenso a esta categoria tras acadar o título da liga provincial hai uns meses. O rival de mañá é o equipo “As Pedriñas”.

O equipo ten pendente xogar o partido da 1ª xornada, pola voda do seu adestrador Pichi, e nos outros 2 partidos disputados, levan unha derrota por 3 a 8 na casa, mentras que hai unha semán acadaron un empate a 6.

E de esperar que pouco a pouco o equipo vaia logrando victorias e sumando puntos nesta liga que é máis exixente que a da pasada tempada.

Así que mañá ás 5 da tarde teñen unha boa oportunidade para acadar a victoria.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.