Nova nota da ACP sobre a caldeira do CPI Pontecesures.
Parece ser que o goberno local afirma que non é certo que existe un informe técnico da Xefatura Territorial de Educación de Pontevedra cun orzamento duns 8.000 euros que sería o importe do arranxo da caldeira actual, logo da visita dos técnicos o pasado 9 de setembro. De falsidade, nada de nada.
Sen ánimo de polemizar, ratificase que esa valoración existe. Pero tamén é verdade que figuran máis alternativas como é colocar unha caldeira nova con ou sen instalación de novos elementos no sistema de calefacción de todos os edificios, investindo unha maior cantidade de fondos. O que pode incidir a confusión é que é certo que a decisión aínda non està tomada por Educación, pero que os importes de todas as alternativas están sobre a mesa do xefe territorial é unha realidade.
Con preocupación observamos que a decisión demórase moito e parece que a análise da medida a adoptar está a servir de desculpa para retardar o arranxo do problema, o que nos fai pensar que non se vai asumir actuación algunha agora para este exercicio económico de 2011. Dende a ACP insistiremos para que este tema sexa resolto canto antes.
Pontecesures, 07/10/11
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures.
0 comentarios