Terra Galega non se presenta ás elecciones xerais do 20 de novembro.
O Presidente de Terra Galega, Pablo Padín, e os Integrantes da Dirección Nacional, José Manuel Blanco Suárez (Alcalde de Narón), Manuel Andrade (concelleiro de Carballo) e Xosé Marquez (concelleiro de Arteixo) compareceron hoxe en rolda de prensa para anunciar a celebración do seu III Congreso que terá lugar o día 21 de xaneiro do 2012, no que se renovarán os órganos do partido e presentarán as súas líneas de acción para os próximos catro anos.
Segundo explicou o Presidente da formación, Pablo Padín, este congreso convócase para definir a política do partido e establecer as líneas de actuación tanto a nivel político como organizativo para os próximos catro anos. O regulamento do congreso, elaborado pola comisión organizativa, se fará chegar a todos os afiliados e agrupacións locais para que poidan aportar as súas propostas antes do 16 de xaneiro.
Por outra banda tamén se anunciou que Terra Galega non concurrirá as próximas Eleccións Xerais do 20 N. O Presidente de Terra Galega explicou como motivos para non presentarse a ditas eleccións, entre outros, a discriminación a que están sometidos os pequenos partidos en este tipo de comicios, xa que a lei electoral beneficia sempre as grandes forzas políticas, e os «pequenos como TEGA vémonos obrigados a facer un esforzo maior para poder chegarlle a xente as nosas propostas» declarou Pablo Padín.
Terra Galega non estará parada durante este período electoral e como a cuarta forza política que é, con 23 concelleiros/as e entre eles o o alcalde da octava cidade de Galicia, seguirá presentando o seu programa a través da súa páxina web.
Na súa intervención o alcalde de Narón, reiterou que Terra Galega é un partido municipalista e que trata de trasladar ao resto do país as súa políticas municipais. Que o próximo obxectivo político de TEGA son as eleccións ao Parlamento Galego no que cree que van a xogar un papel fundamental e consideran que determinados problemas como son a xustiza, a sanidade, a educación e as pensións téñense que tratar conxuntamente por todos os partidos e que as líneas de actuación non deben mudar cada catro anos. Tamén apostou, nesta época de crise, por unha tendencia a comarcalización ou a mancomunar servizos e a desaparición das Diputacións e que asuman as súas funcións a Xunta de Galicia ou os propios concellos directamente «xa que son uns entes que so se dedican a repartir subvencións aos seus grupos» manifestou José Manuel Blanco.
Por último as declaracións de Manuel Andrade «creo que vamos sair moi reforzados de este III Congreso tanto a nivel organizativo como político para afrontar unhas eleccións autonómicas nas que lles devolvamos a ilusión aos galegos cun partido de centro».
TERRA GALEGA, 08/10/11
4 comentarios
BENCHOSEI · 8-10-2011 a las 20:10
» Terra Galega é un partido municipalista e que trata de trasladar ao resto do país as súa políticas municipais»…bueno, bueno….españois se esto chega a acontecer algún día, veremos como algún empresario do estilo Sacyr Vallermoso consigue darlle un alto máis á Moncloa sin licencia e darlle un toque máis municipalista mudando o tono rosaceo da fachada por un verde e vermello máis acorde cos tempos que corren…está armado así o conto.
perdinosono · 9-10-2011 a las 15:30
TES TODA A RAZON DO MUNDO «BENCHOSEI» , E CASE PODERIA DICIR CAL SERA O LEMA DA CAMPA?A XERAL NAS PROXIMAS AUTONOMICAS OU MUNICIPALES POR PARTE DE «TEJA» :PONGA UN «TEJA» EN SU CONCELLO Y VERAN COMO SUBEN EN SU CASA.» ,ou «SI ANGEL PUDO TU TAMBIEN PODRAS» estar con una delante y una detras, y salir con las dos llenas sin pegar palo al agua.
OU PENSANDO MILLOR, NON PODERIAN DAR CURSOS COMO OS DAS EMPRESAS PIRAMIDALES, NOS QUE CHE ENSE?AR A FACER «NEGOCIO» (TREPANDO Y PARASITANDO) E NOS CALES SE UTILIZA COMO ENGANO AS GANAS DOS AMIGOS E PERSONAS DE BOA FE PRA ENGA?ALOS E ASI FACER NEGOCIO?. TOTAL A POLITICA CONSISTE EN QUE PREVALEZCA O BEN PRIVADO SOBRE O COMUN , NON SI?
Cara de cona · 10-10-2011 a las 18:58
Que pena carallo….o meu voto xa era para estes de terra……e ademais un paxariño me comentara no atrio que Cordo iba ir de numero 6 de pontevedra…quen o veria…..temos aqui un fenomeno…e que pouco o valoramos…traballador incansable toda a sua vidorra……
Tiroliro II · 13-10-2011 a las 19:51
Ca gran executiva que ten en cesures a tega seguro que iban sacar mais de 500 votos, solo pilló xa tiña 200 e pico, hai e o coro escindido da barcarola outros 200