O deputado provincial Bello Maneiro presentou en Pontecesures o curso de monitores de tempo de lecer da Deputación.
Este curso de formación básica para monitores de temmpo de lecer foi concedido ao goberno anterior en marzo de 2011 e o prazo de inscrición rematou o 29 de xuño pasado. Na semana que ven vaise poñer en marcha e onte ás 17 horas na Casa do Concello tivo lugar, coa peresenza do deputado Bello Maneiro, o acto de presentación coa presenza duns 15 alumnos.
Ademais do deputado provincial da zona, estivo tamén o voceiro do PP na corporación, Juan Manuel Vidal Seage e os tenentes de alcalde, Cecilia Tarela e Roque Araújo.
0 comentarios