O mellor paso é o que non existe.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Ca Lei de Ferrocarril prohibe o paso polas vías tanto para peóns coma ciclistas e a xente debe saber que se o fai está incumprindo a lei e asumindo un risco. Por iso, desde o Concello e outros organismos deben facer unha campaña de concienciación para que a xente saiba o perigo que corre e pór a sinalización correspondente para informar e impedir o paso por estes puntos. O seu é que a vía estea completamente valada, como o está desde A Coruña a Ourense e desde Santiago a Anguieira, tramos nos que hai habilitadas portas cun cadeado coma única opción para poder cruzar. Esperemos que cando se faga a liña nova se vale totalmente. E na vía actual, que pretendemos que se manteña como unha liña de proximidade, se habiliten os pasos inferiores e superiores para facilitar o paso dos usuarios. De tódolos xeitos o mellor paso é o que non existe.

Carlos Abellán. LA VOZ DE GALICIA, 13/11/11


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.