Programa “Xuntos polo Nadal” do Concello de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Os veciños e veciñas maiores que se atopen sós durante o Nadal poden solicitar participar do Programa Xuntos polo Nadal ata o 30 de novembro no SSC

O Programa que contempla o aloxamento , en habitacións dobres e manutención en réxime de pensión completa, durante 10 dias (9 noites) que se computarán desde o momento de saída do lugar de orixe ata o momento da saída do centro no que se leva a cabo; desenvolverase do 23 de decembro de 2011 ao 1 de xaneiro de 2012 na Residencia de Tempo Libre do Carballiño.

Para ser beneficiario deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos:

Ser maior de 65 anos ou de 60 sendo pensionista

Residir na Comunidade Autónoma de Galicia

Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade infecto-contaxiosa activa nin trastornos mentais ou conductuais que poidan alterar a convivencia.

Non estar acollido/a en ningún centro residencial

Ter un nivel de ingresos económicos baixo

Ter que pasar só/soa as datas de Nadal.

Terán prioridade as persoas que, cumprindo os requisitos:

participen no Programa a nivel individual, que realmente vivan soas e non teñan con quen pasar estas datas.

teñan un menor nivel de ingresos económicos.

non participaron neste ano en ningunha quenda do Programa de Turismo Social, nin en pasadas edicións do Programa Xuntos polo Nadal.

Teñan máis idade.

Os/as solicitantes cuns ingresos inferiores ao IPREM (532,51 ?), asistirán de forma gratuíta ao programa, mentres que aqueles cuns ingresos superiores a dito importe contribuirán ao pagamento da estadía coa achega de 50 ?

Para mais información e presentación de Solicitudes poden dirixirse ao Servizo Social Comunitario de Pontecesures os luns, martes e venres de 9 a 13.30 horas.

Categorías: Concello

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.