Outra folga en Padrón ou é que están de cachondeo?.
Teño que confesar que nunca creín nos sindicatos. A súa política non me parece moi correcta porque só mira para unha dirección. E falo de cando se trata de empresas privadas porque cando a cousa afecta a unha pública… Claro que cando un ve o que pasou en Padrón nas festas da Pascua do ano pasado hai que poñerse a temblar. Foi máis dun mes sen recollida de vasoira ou con unha recollida moi deficiente. E aquí non pasa nada. Os mesmos empregados seguen a traballar. E agora amenazan con outra folga en Nadal. Un sindicato manexa todo. Xoga cos trabaladores, co pobo de Padrón e con quen se lle poña por diante. Porque eu non quero pensar que os traballadores da recollida de vasoira lle teñan tan pouco cariño ó seu pobo. Claro que cando lle enchen a cabeza con aumentos de soldos, máis libranzas, pagos por domingos e outras cousas é mellor deixarse enganar. ¿E poden ser tan túzaros para non ver que na maioría de empresas se está rebaixando o soldo dos empregados en vez de subilo? Claro que se unha folga en Nadal soluciona todo…. O caso parece que é facer dano.
Juan Antonio García (Padrón)
TIERRAS DE SANTIAGO, 22/11/11
0 comentarios