Nota íntegra da ACP sobre a colocación do alumeado de Nadal.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Na mañá de hoxe estanse a colocar cinco arcos navideños nas rúas entrais de Pontecesures (Portarraxoi, San Lois, Sagasta e Victor García), reaccionado o goberno local ante as críticas xurdidas dende moitos sectores da poboación, xa que o 3 de decembro o goberno local anunciou nos medios de comunicación que este ano non ía colocarse alumeado por tratarse dun gasto superfluo.

Quere saber o ACP quen foi o representante do goberno que comunicou esta nefasta nova ante os medios de comunicación a primeiros de decembro. Esperemos que Cecilia Tarela (BNG) ou Roque Araújo (PSOE) nos contesten á pregunta. Causaron alarma, desprestixiaron á institución, provocaron as dúbidas e faladurías na veciñanza contra o concello, e trasladaron agora a sensación de o goberno local só actúa a «toque de corneta» dos veciños porque as queixas pola ausencia de alumeado eran un clamor. Se di unha cousa e se fai outra, con total falla de seriedade.

O equpo de goberno fai auga en materia de cohesión interna. Despois da nova en cuestión que coñecimos o 3 de decembro, temos constancia de que o concelleiro de TeGa, Ángel Souto, manifestou días despois que iso non era certo porque el non sabía nada. O sexa algúns membros do goberno tomaron a decisión de que non se colocase o alumeado de Nadal sin consultar para nada co primeiro tenente de alcalde, Souto Cordo. En fin; sacamos a conclusión de que aínda tendo os tres tenentes de alcalde dedicacións exclusivas co correspondiente salario por desenvolver a xestión muncipal, nin se trata este importante tema nas reunións internas do grupo e hai membros da corporación que sacan novas deste tema de calado «a súa bola». Había que ver hoxe a Cecilia Tarela á fronte do vehículo que instalaba o alumeado para deixarse notar. Primeiro amósase en contra de instalar o alumeado de Nadal, agora quere lucir a boa nova en exclusiva. defendendo unha cousa e a contraria. Esta é a tónica habitual neste goberno.

De todos os xeitos a ACP recolle con ledicia da colocación das luces de Nadal nas rúas centrais. Alomenos a presión veciñal en forma de críticas foi decisiva.

Pontecesures, 17/12/11

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures


10 comentarios

chorlito · 18-12-2011 a las 13:31

Menos mal, polo menos algo fixemos a protestar os veciños. Nunca e tarde cando se retifica a tempo. Non sei de quen foi a culpa ou se foi un malentendido do goberno pero temos navidad en Pontecesures, bieeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeen
FELIZ NADAL A TODOS

Princo · 18-12-2011 a las 15:39

Non sei que ve de malo Sabariz, en que un equipo de goberno rectifique ante as peticions dos cidadans que o elixiron. Cada vez, as notas da ACP son mais lamentables…

Luis Angel Sabariz Rolán · 18-12-2011 a las 17:19

Por suposto que todos estamos satisfeitos coa rectificación e hai que felicitar aos veciños polas súas queixas. O máis censurable foi como se xestou a decisión precipitada que saiu nos medios o 3 de decembro, e que os concelleiros que máis radicalmenente dicían que non ía haber alumeado á prensa e aos veciños logo estaban, en cuestión de días, diante do camión da instalación para apuntarse o tanto.

manolo o do bombo · 18-12-2011 a las 17:23

Sabariz estache ben por ladrar antes de tempo ,como di o refran sempre fala o mais cagado refierome o de apuntarse tantos..

Luis Angel Sabariz Rolán · 18-12-2011 a las 20:33

Non «manolo o do bombo» non, os que falaron antes do tempo foron os integrantes do equipo de goberno que manifestaron o que publicou «La Voz de Galicia» o 3 de decembro e que ocasionou todo este clamor veciñal en contra da primeira decisión de non instalar o alumeado de Nadal.

pepito · 19-12-2011 a las 00:03

Parece que estas doido Luis Angel ¿ sei que tamen querias estar ti diante do camión da instalación? ¡¡como sempre estás en todo!!, seguimos na mesma metendo merda onde na hai…….

Luis Angel Sabariz Rolán · 19-12-2011 a las 09:11

Non «pepito», non. Puden estar diante do camión da instalación do alumeado no Nadal de 1999, 2000, 2001, 2002, 2003, 2004, 2005, 2007, 2008, 2009 e 2010 (formaba parte do goberno) e non estiven en ningún ano. Non houbo necesidade de facer ese percorrido cos instaladores. Tamén é verdade que nunca manifestei ao comezar cada mes de decembro que non ía instalarse o alumeado ornamental.

pepito · 7-01-2012 a las 12:15

E ti criticaches que había que ver a Cecilia Tarela á fronte do vehículo que instalaba o alumeado para deixarse notar, ¿ elo que fas ti hoxe percorrendo as ruas diante do grupo de gaitas polo día do patrón como si se tratase do xefe de estado? ¡ non se pode escupir ao aire Sabariz !

Luis Angel Sabariz Rolán · 7-01-2012 a las 15:04

Non ía como un xefe de estado, «pepito», ía como fun sempre que actúa o noso grupo folclórico en calquera sitio, por cuestións meramente organizativas do propio grupo (percorrido, pezas diante da Igrexia, horarios, alza na misa, desfile procesional, pezas no aperitivo servido, traslado do instrumental, etc…). Nunca critiquei eu a Cecilia Tarela, nin a nadie, por saír cunha agrupación ou por calquera outra tarefa organizativa nos actos festivos.
Por certo; aproveitando o comentario teño que agradecer a Cecilia Tarela, e ao goberno local, que contaran con Algueirada para actuar hoxe no día do patrón San Xulián. En nome da asociación, moitas grazas.

pepito · 7-01-2012 a las 20:32

Bueno bueno o que ti digas, e cambiando de tema amigos e amigas temos que ir todos a cubrir a bonoloto que seguro nos vai tocar !! Sabariz agradecendolle algo a Cecilia Tarela e ao goberno local, vai chover!.
Por certo Cecilia, sinto moito que Sabariz non te considere do goberno local,
como te felicita a ti e logo o goberno local será que non pertences o mismo,
bueno, unha felicitación da miña parte para todos os que agora gobernan que o estades a facer moi ben, inda que lle pese a alguen.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.