Sinalizan a zona da rua Ullán afectada pola avaría de auga.
Hoxe, 27 de decembro, polo serán foi sinalizada (conos e limitacións de velocidade) esta zona da calzada da PO-214 Pontecesures-Baloira, ante o perigo que representa para o tráfico a fuga de auga coas fortes xiadas destes días.
Ao parecer a avaría, que leva máis dun mes sen arranxar e que motivou a queixa da ACP para que intervirá o concello fora ou non a traída de titularidade municipal, procede das mangueiras particulares dos veciños de Infesta e os traballos de reparación van comezar de inmediato.
1 comentario
Princo · 27-12-2011 a las 23:53
Moi ben vista esta avaría. Hoxe en dia, da pena ver que inda malgastamos auga desta forma