Dezanove alcaldes do BNG presentaron hoxe o 2º manifesto ‘O Galeguismo e o Nacionalismo Político do século XXI ao servizo da cidadanía’. Non asinou o documento o alcalde de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Os asinantes deste documento son os alcalde de: A Bóla (Teresa Barge Belo), A Mesquita (Rafael Pérez Vázquez), A Pobra do Brollón (Xosé Luís Maceira Vilariño), Arbo (Xavier Simón), Arzúa (Xosé Luís García López), Bueu (Félix Juncal Novas), Castrelo de Miño (Xurxo Rodríguez), Maceda (Francisco Xabier Oviedo Rodríguez), Manzaneda (David Rodríguez Estévez), Mondoñedo (Orlando González Cruz), Monforte (Severino Rodríguez Díaz), Rianxo (Adolfo Muíños Sánchez), Ribadeo (Fernando Suárez Barcia), Salceda de Caselas (Marcos Bicada Pérez), Teo (Martiño Noriega Sánchez), Tomiño (Sandra González Alvarez), Vilar de Santos (Xoán Xosé Jardón Pedras), Vimianzo (Manuel Antelo Pazos) e Zas (Manuel Muíño Espasandín).

Con respecto ao anterior documento, deuse de baixa o alcalde de Mugardos, Xosé Fernández Barcia, e incorporáronse dous rexedores, o de Arzúa e o de Bueu. O BNG conta con 29 rexedores en Galicia.

Categorías: Política

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.