O Entroido sabe a orellas de Cordeiro.
A que sabe o Entroido?. A filloas, o orellas, a flores, a bandullo…Os doces clásicos desta época do ano sempre saben mellor se a calidade dos produtos está fóra de toda dúbida.
Así o aprenderon os alumnos do CEP Xesús Ferro Couselo, que o pasado venres, antes de gozar dunhas minivacacións de Entroido, asistiron a unha clase de cociña maxistral. na iniciativa, enmarcada nos Encontros Interxeracionais que vén organizando o Concello de Valga dende hai uns anos, varias socias do colectivo de maiores (Axentiva) e de mozos (A Eira) desprazáronse ata o centro educativo para elaborar as deliciosas orellas con fariña de trigo procedente da colleita deste ano (que novoa e vellos axudaron a sementar e recoletar nunha leira da parroquia) e ensinarlle aos cativos que cos produtos naturais se obteñen os mellores doces.
Asemade, no CEIP de Baño, a cuxos responsables se lles fixo entrega da fariña, foron as cociñeiras do comedor escolar as encargadas de elaborar este típico doce de Entroido para a alumnado do centro. Os escolares aproveitaron a ocasión para vestirse como verdadeiros chefs de categoría e a algunha rapaza non lle faltou nin o bigote.
DIARIO DE PONTEVEDRA, 22/02/12
0 comentarios