ACP solicita sinalizar a biblioteca a carón do Camiño Portugués.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

O edificio da bilioteca municipal de Pontecesures está a carón do Camiño Portugués da Ruta Xacobea (apreciase en primeiro plano na fotografía na súa fachada traseira). Aínda que a entrada é pola rúa “Borobó”, a poucos metros do Camiño e uha mágoa non contar cun letreiro na parte traseira do edificio indicando aos numerosos peregrinos que percorren o camiño a existencia da instalación para a súa visita e aproveitamento dos servizos que se prestan como, por exemplo, o do acceso á internet cos equipos informáticos con que se conta.

Deste xeito solícítase ao goberno local a colocación dun cartel informativo no edificio da existencia da bilioteca co fin antes indicado.

Pontecesures, 03/03/12

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.