Satisfacción da ACP polo investimento da Xunta na calefacción do colexio.
Con gran satisfacción recibiu a ACP a nova de que a Xunta vai adicar uns 58.000 euros, para deixar solucionada, dunha vez por todas, a problemática da calefacción do CPI Pontecesures (renovación da sala de caldeiras, recolocacións de todas as conduccións para os edificios, etc..).
A ACP sempre solicitou o renovación total de todo o sistema e así enviou varios escritos ao Xefe Territorial de Educación en Pontevedra. Na actualidade aínda que a caldeira foi arranxada hai pouco, as perdas de auga nas tubarías, ocasionaban un consumo de combustible desorbitado que tiña que afrontar o propio centro con menoscabo para outras necesidades.
Pola súa parte o concelleiro de educación de Pontecesures, Roque Araújo, sempre estivo a criticar as xestións realizadas por nós, enredando o asunto con voltas e máis voltas sen clarificar o que estaba a pasar. Pero agora non é o momento de máis reproches pois todos debemos felicitarnos polo importante investimento xa inminente a prol da comunidade educativa. As deficiencias da calefacción do CPI Pontecesures van ser solucionadas de xeito definitivo e iso é o importante para o futuro do noso centro.
Pontecesures, 09/03/12
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures.
7 comentarios
maribel cartos · 11-03-2012 a las 22:10
? evidente que nin a Sabariz nin a ningún dos seus alias/personalidades esquizoides que emprega habitualmente nesta páxina lle agrada esta noticia. ? incapaz de recoñecer que hai quen pode traballar polo pobo e polo colexio discretamente e conseguir inversións e melloras. Non só lle pon tachas a labor do concelleiro, senón que está a levar a cabo unha campaña de desprestixio da labor docente do profesorado, traendo a esta páxina unha nova dun medio de extrema dereita a propósito do Correlingua e publicando, dun xeito absolutamente manipulador, unha colaboración do profesor Ron. O. Sr. Sabariz sigue ausente da realidade; é incapaz de asumir que xa non ten responsabilidades de goberno, e o seu desconcerto faille que as súas críticas e comentarios disparen contra todo e contra todos, sin pensar nas consecuencias.
Luis Angel Sabariz Rolán · 12-03-2012 a las 15:06
Sempre estiven satisfeito polos investimentos e melloras conqueridas para o CPI Pontecesures e sempre xestionei ou colaborei todo o que puden sen recibir salario ou retribución de ningún tipo.
O que resulta preocupante é a acusación de que estou a facer unha campaña de desprestixio ao profesorado. A nova que se reflicte nun peródico dixital sobre o Correlingua 2012, é unha nova máis veña de onde veña, o normal é que todo o mundo a coñeza e opine o que queira. Limiteime a publicala con total liberdade e considero que non facelo sería precisamente un exercicio semellante ao da censura. Non debe reaccionarse con esa intolerancia ante as novas que non gustan e sobre as posturas que toman determinados colectivos, para iso é o debate. Sobre a publicación do profesor Ron, pois máis do mesmo. Trátase dun artigo de opinión seu e non sei a que ven dicir que eu manipulei algo nin que ten que ver isto con responsabilidades ou non de goberno.
En fin; o que hai que aguantar, publícanse cousas, trátase, en certo modo, de prestar un servizo dende este medio que é cada vez máis seguido, e, aínda por enriba, recíbense este tipo de acusacións. Como se nos enche a boca falando de tolerancia, de progresismo, de igualdade, da liberdade de expresión, de liberdade na información, etc…e logo como actuamos na práctica.
Cara de cona · 12-03-2012 a las 18:31
Falan do traballo discreto do Roque…..jo…jo…jo….pois mirade o que pon hoxe aqui o concello….repiten o da xunta da caldeira…….e co Roque polo medio…..que non e portagonismo?…….este quere salir en todo…..este vai querer o sueldiño sempre…….hasta na sopa tios…….
piris · 12-03-2012 a las 21:39
Hai unha frase que pode producir preocupación, pero a min fíxome rir: «Limiteime a publicala con total liberdade e considero que non facelo sería precisamente un exercicio SEMELLANTE AO DA CENSURA». …… Pero ¿de que imos…?.
Luis Angel Sabariz Rolán · 12-03-2012 a las 21:53
Pois non imos de nada, «piris». Hai unha nova nun periódico que fai referencia a Pontecesures e publicase sen máis, e isa e a finalidade deste medio. O que non pode ser é que como non se estea de acordo co contido se me responsabilice a min da publicación. Que se dean opinións, que se rebata a información, que todo quede na simple letura, que non se lea…. Todo menos atacar ao mensaxeiro que non ten nada que ver.
Princo · 12-03-2012 a las 22:56
Se vos son sincero, eu ultimamente entro máis nesta páxina para rirme mais que outra cousa. Ollo, solo leo as opinions de Sabariz(as novas sobre o concello, prefiro lelas sen titulares adulterados), xa que sempre consiguen arrincarme algun sorriso entre tanta barbaridade
Luis Angel Sabariz Rolán · 12-03-2012 a las 23:12
Sempre coas mesmas desconsideracións e sempre tratando de humillar. ? o teu comportamento habitual conmigo, «princo», tampouco podemos sorprendernos. A páxina vai moi ben, cada vez ten un maior seguemento diario, estase a converter nun referente na zona, e iso é o importante. ¿Que non queres consultar as novas? ¿Que desexas cambiar de canle?. Pois moi ben e ata logo. Outra moita xente está moi satisfeita do funcionamento e da información.