Obradoiro de graffiti no CPI Pontecesures

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES o

Mañá mércores 28 de marzo, entre as 10h45 e as 14h45, terá lugar no CPI PONTECESURES un obradoiro de graffiti. Nunha das paredes do centro educativo, acondicionada polo Concello, un grupo de alumnos e alumnas, baixo a supervisión do Colectivo Mutante Creativo, que lles ensinará as técnicas elementais do graffiti artístico, dará vida a ideas previamente traballadas polo alumnado.

En concreto, baixo o lema “Diferentes? Si, pero orgullosos do galego”, o alumnado debuxará diferentes vacas, iluminadas de diferentes maneiras. Co desenvolvemento do obradoiro quedará rexistrada tamén a reflexión de Castelao, tal e como acordaron os alumnos e alumnas en Asemblea: “A vaca é o símbolo da paz”.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.