O voceiro do BNG en Santiago cualifica de “aprendices de inquisidores” ós membros do Goberno de Santiago por suprimir o Correlingua.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Rubén Cela considera censura pura e dura a retirada da subvención municipal ó Correlingua. Cela sostén que é un caso “similar pero peor, porque había unha axuda que xa estaba comprometida e que fora aprobada por unanimidade”. Ademais suliñou que “non só se lle nega a aportación económica, senón o apoio loxístico que consistía na colocación dun palco. Por se fora pouco, vanlle dar o mesmo trato que a unha manifestación”. Para o edil, o executivo compostelán chegou “a un nivel de sectarismo e ataque á lingua galega sen precedentes”.

EL CORREO GALLEGO. 28/03/12

Categorías: Política

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.