Nota da ACP sobre a ximnasia de adultos 2011/2012
Con sorpresa e certo malestar recibiron hai uns días as mulleres que están a asistir ás clases de ximnasia de adultos en Pontecesures organizadas polo concello a nova de que o 30 de abril de 2012 rematarían xa as clases neste curso 2011/2012. Resultaba contradictorio que precisaamente nesta tempada na que o goberno local aprobou un prezo mensual a pagar pola asistencia ás clases de ximnasia, se eliminase a actividade sen rematar o curso.
Exteriorizaron a súa queixa as interesadas diante do concelleiro de deportes e servizos sociais, Roque Araújo, nunha xuntanza que tivo lugar na Casa do Concello e, ao parecer, as clases continuarán un mes máis.
Dende a ACP criticamos esta improvisación e falla de planificación nestes temas dun goberno local que coñecía o problema dende hai tempo. Púdose resolver esta situación sen necesidade de chegar a provocar as queixas do grupo de mulleres e a estrañeza da propia monitora, contratada polo concello, polo feito de non rematar o curso como nos últimos anos. Parece que volta de novo a actitude da reacción a «toque de cornetín» do goberno local ante os problemas.
Pontecesures, 31/03/12
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures
0 comentarios