Nota íntegra sobre a obstaculización do labor da oposición en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Con data 25/02/12, solicitou este concelleiro ao alcalde de Pontecesures autorización para poder examinar a documentación acreditativa detallada dos traballos realizados fóra de horario da xornada laboral por cada un dos traballadores do concello durante o ano 2011, así como a documentación acreditativa do importe dos pagos realizados, en calquera concepto retributivo, por ditos traballos.

Pois ben; pasou máis de mes e medio dende a aolicitude e a autorización non chega. Parece que temos de novo e coa chegada do BNG á alcaldía o obscurantismo na xestión municipal negando a posibilidade de exercitar as tarefas de fiscalización e control aos integrantes da oposición. Non se nos facilitan datos sobre o expediente do mantemento da caldeira do CPI Pontecesures, tampouco se nos documenta a adquisición das xardiñeiras da Travesía da Bandeira e agora non se concede a autorización para a comprobación dos traballos fóra de xornada do persoal municipal.

Estase a vulnerar un dereito polo que reiteramos ao alcalde que se nos conceda a autorización para consultar a documentación solicitada. Asi mesmo, instamos aos representantes das outras dúas forzas que forman o goberno local (Roque Araújo do PSOE e Ángel Souto Cordo de TeGa) a que interveñan tratando de que queden garantidos os dereitos dos concelleiros da oposición.

Pontecesures, 12/04/12

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.