Un grupo de pais dá un paso á fronte para revivir o Ulla CF.
Un grupo de pais dá un paso á fronte para revivir o Ulla CF
O proxecto nace cun obxectivo claro: o desenvolvemento dun club de fútbol base que se converta nun punto de referencia da comarca
Despois da vacante que no eido futbolístico deixada hai anos o club de fútbol Ulla volve a reaparecer na escea deportiva na comarca Ulla-Sar da man dun grupo de pais que encaran unha nova andadura para este club histórico de Pontecesures.
Presentado oficialmente o pasado día 13 o proxecto Ulla Cf comenza a andar na vindeira tempada 2012/13 coa convicción de que, con traballo, dedicación, esforzo e humildade poidan dar satisfaccións a todos aqueles que o apoian: socios, patrocinadores, directiva, xogadores, pais, adestradores e outros membros de esa gran familla chamada Ulla CF.
O clube parte cun base de 70 nenos apuntados para iniciar a tempada, aínda que obxectivo do clube e medrar de xeito progresivo nas vindeiras tempadas.
Comeza a sua andadura con equipos organizados en 5 categorías: prebenxamíns, benxamíns, alevíns, infantis e cadetes.
Os adestradores, todos titulados, contan cunha ampla experiencia e formación no eido do ensino e na formación de deportes colectivos, que asegurarán unha educación integral dos nesos a través do deporte.
Co nacemento do club na tempada 2012/13 o Ulla CF pretende ser o punto de referencia das comarcas de Caldas e O Sar no fútbol base. Os obxectivos que se teñen marcados son: A formación progresiva e integral dos xogadores dentro da práctica do fútbol. Establécense dentro dos obxectivos xerais do clube conceptos tan importantes para educación integral dos xogadores como o compañerismo, o respecto, a educación, a urbanidade, deportividade e bos modos. A creación dun ambiente agradable e disciplinado dentro da escola permitirá un aumento satsifactorio no desenvolvemento das personas. A formación física, técnica e táctica óptima establecerá o nivel competitibo dos equipos. Buscar a colaboración de profesionais de diferentes grupos para mellorar o proxecto do clube e utilizalo como dinamizador social do concello.
TIERRAS DE SANTIAGO, 24/04/12
0 comentarios