A empresa Cativos xa deu a orde para pagar as nóminas ás traballadoras da escola infantil.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Responsables da empresa Cativos, adxudicataria da xestión da escola infantil de Pontecesures, e traballadoras do centro mantiveron na tarde noite do martes un encontro para abordar o conflito laboral xurdido nos últimos meses ante os retrasos nos pagos das nóminas e que o propio martes levou ás empregradas a colgar nos exteriores da escola unha pancarta na que se lía a frase ??A empresa Cativos non paga ás traballadoras?. Na citada reunión, a compañía certificou á plantilla da gardería que xa dera a orde de pago, polo que as arredor de sete ou oito traballadoras da escola estaban onte pendentes de que este se fixera efectivo, confirmou unha das coidadoras.
Os representantes da empresa espuxeron os motivos polos que, nos últimos meses, estes atrasos nos cobros se están a facer habituais. Así, indicaron que varios concellos e administracións públicas para as que a compañía presta servizos manteñen débedas e impagos con Cativos. Pola súa banda, as traballadoras tamén plantexaron a incerteza que lles supón, para as súas economías familiares, o feito de non saber con exactitude cando cobrarán os seus soldos.

O que non quedou resolto é que sucederá nos vindeiros meses: si se seguirán a producir retrasos no pago das nóminas ou estes se farán de forma puntual. ??Non sabemos o que pode pasar?, comentaba trala reunión unha das traballadoras da escola infantil, ??dixéronnos que van facer todo o posible? por pagar con normalidade, pero ??non nos poden asegurar? que sexa así, ??non nos garantizan unha data en concreto na que vaiamos a cobrar?.

O martes o concelleiro de ACP, Luis Sabariz, urxiu ao Concello a reunir á Corporación para explicar a situación e as medidas que se están a adoptar na defensa das traballadoras da gardería.

DIARIO DE AROUSA, 17/05/12

Categorías: Concello

2 comentarios

hermione · 17-05-2012 a las 11:28

Yo les pagaba, pero el finiquito y a la puta calle.

Luis Angel Sabariz Rolán · 17-05-2012 a las 13:42

Lamentable, e chea de odio, a expresión para unhas traballadoras que o que fixeron foi defender os seus dereitos.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.