Unha reixa provoca ruídos na rúa Ullán e molesta aos veciños, que reclaman obras de reparación.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Unha reixa de recollida de augas pluvias que atravesa a rúa Ullán de Pontecesures e que leva xa tempo solta está a provocar ruídos cando pasan vehículos pola zona ­este é un vial con unha notable densidade de tráfico­, o que ??afecta ao descanso dos veciños dos edificios colindantes?, advirte o edil de ACP, Luis Sabariz, que sostén que ??o enfado medra? entre os afectados posto que se puxo a situación en coñecemento do alcalde e do concelleiro de Obras e ??todo foron boas palabras, pero a verdade é que non se procedeu á reparación?, critica Sabariz Rolán, censurando nesta misma liña a ??despreocupación do goberno local á hora de resolver os problemas?. Sabariz reclama que, ??dunha vez por todas?, se subsane esta deficiencia.

DIARIO DE AROUSA, 17/05/12

Categorías: Concello

8 comentarios

Rainbow · 17-05-2012 a las 14:49

Ruidos tamen provocan os mosquitos no verán e ainda por riba pican, ou o tren que se escoita en todo cesures e arredores
Enfin….

Luis Angel Sabariz Rolán · 17-05-2012 a las 15:06

O tema é serio por moito que se ridiculice. Achégate alí «Rainbow» e fíxate cando pasan os coches por enriba da reixa. O ruído é considerable e molesta, sobre todo, ás persoas que queren descansar.

    o palillo · 18-05-2012 a las 22:16

    MIRA LUIS ANGEL SABARIZ ROLAN tamen ti as veces molestas metendote donde nadie che manda e mais temos que roelo e podoche nombrar moitas cousas pero xa sei a tua contestacion entonces mellor e estar calados toma exenplo e estos veciños que vain o concello e que lle digan o que pasa que xa tomaran medidas pero claro e mais facil decirllo a vostede para meter gerra e despois nen por vostede votan nas urnas que vergonza o que pasa neste pobo

manolo o do bombo · 17-05-2012 a las 18:53

Nin que fora a m 30 de Madrid,entendo cando gobernabas ti os coches non facian ruido ja..ja……….

Luis Angel Sabariz Rolán · 18-05-2012 a las 00:14

Por certo, «manolo o do bombo», estando no goberno sí foi reparada a reixa en cuestión. Agora hai veciños enfadados. ? normal.

manolo o do bombo · 18-05-2012 a las 12:20

ESO dilo ti nome consta que foran queixarse ó concello…

Luis Angel Sabariz Rolán · 18-05-2012 a las 17:20

Parece que estás metido na Casa do Concello, «manolo o do bombo». O sexa, que as queixas teñen que constarche a ti. O que nos faltaba por escoitar.
Deixémonos de desviar a atención. Hai unha reixa solta, hai ruido cando pasan os coches, non deixa descansar ben este ruído aos veciños de alí, e xa foi exposta a queixa tanto ao alcalde como ao concelleiro de obras. ? o que hai, e a oposición tamén debe solicitar que se arranxe dunha vez, para iso estamos.

Luis Angel Sabariz Rolán · 18-05-2012 a las 23:06

Mira, «o palillo», o que lle molesta a eses veciños non son eu, é a reixa solta. E algún xa deu a queixa no concello hai varios meses. Deixate de vergoñas ou guerras. O que ten que facer o goberno local a arranxar a deficiencia e punto. Que terá que ver agora a quen votaron ou a quen van votar.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.