“Coa rescisión do contrato con Global Vambrú queremos que non se repitan as folgas”.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

O alcalde de Padrón recoñece que o máis probable é que se faga unha nova concesión, “porque na situación económica actual non poderiamos facer o investimento que require a municipalización” // Sobre o futuro dos traballadores, di que a empresa que se faga cargo da recollida “pode continuar con eles ou despedilos”

A Corporación municipal de Padrón aprobou onte, por unanimidade, a rescisión do contrato coa empresa Global Vambrú, encargada da recollida do lixo. Aínda que foi posible o acordo entre os distintos partidos, todos eles aproveitaron a sesión plenaria para facerse reproches sobre as actuacións levadas a cabo nos últimos anos a respecto das reiteradas folgas no servizo.

Este venres, en Radio Obradoiro, o alcalde expresaba a súa satisfacción polo acordo adoptado, toda vez que había “unha incapacidade total e absoluta por parte de Global Vambrú de prestar un servizo necesario e básico para os veciños de Padrón”. Antonio Fernández Angueira explicou que agora se fará unha avaliación para ver se é mellor municipalizar o servizo ou facer unha nova concesión. Esta última opción, engadiu, “parece a máis indicada segundo o interventor do servizo, tendo en conta a actual situación económica, xa que non poderiamos facer investimento”.

En calquera caso, o rexedor restoulle importancia ó feito de ter que decantarse por unha opción ou por outra, suliñando que “do que se trata é de que non se volva repetir unha situación como a vivida, cunha serie de folgas reiteradas durante as cales demos unha imaxe nefasta tanto a nivel autonómico como nacional”. Nun prazo de tres meses, prorrogables a seis, Global Vambrú “ten que entregarlle ó concello tódolos bens”. Fernández Angueira quixo deixar claro que durante o proceso, en ningún momento os veciños quedarán sen o servizo de recollida do lixo.

Sobre o futuro dos traballadores que agora mesmo prestan o servizo, o alcalde sinalou que “a nova concesión pode continuar con eles ou despedilos”. En caso de que se optara pola opción pouco probable da municipalización, “estaría discutido xurídicamente se o concello ten que ter ou nos a eses operarios en plantilla”.

EL CORREO GALLEGO, 08/06/12

Categorías:

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.