Dobre homenaxe á Coral Padronesa.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Sendas homenaxes se preparan para premiar á Coral Polifónica Padronesa no seu vintecinco aniversario.

O primeiro será do Concello o sábado,16 do actual, consistente nunha recepción oficial durante a que lle será entregada unha placa conmemorativa. E outra homenaxe será a que lle dedicará a Sociedad Cultural Padronesa (antigo casino) oito días despois, o seguinte sábado, día 30, durante o transcurso dunha cea-baile.

Nada mais xustas que istas manifestacións de admiración e simpatía trala longa traxectoria da Coral Polifónica Padronesa que, como nos comenta Manolo Bascoy, voz cantante -e nunca mellor dito- coralista dende a fundación da Agrupación no 1987, exercendo diversos cargos directivos e presidente dende 2004 ata actualidade, foi fundada por un grupo de afeccionados co doutor Villlar Piñón ao fronte, entón presidente da Sociedad Cultural. Como principal obxetivo era conservar, fomentar e difundir a tradición musical. Foron 64 compoñentes contra os 38 actuais.

As actuacións da coral se extenderon por diversas poboacións de Galicia, asemade de Asturias, León, Madrid ou Portugal, etc. con variedade de repertorio sobresaíndo obras musicadas da nosa eterna Rosalía de Castro. Aparte, nos segue a comentar Bascoy, a organización anual dos festexos da patrona Santa Cecilia, panxoliñas da vila de Padrón e dende 1997 ininterrumpidamente cantando a Rosalía na semana das Letras Galegas.

Merecidas pois coma diciamos as mostras de simpatía e agradecemento que sen dúbida os padroneses en xeral saberán apreciar amosándolles todo o seu apoio e agarimo sendo xa unha boa ocasión durante as dúas actuacións que con motivo do aniversario se teñen programadas no auditorio municipal unha, e na Sociedade Cultural Padronesa outra.

José Castro Cajaraville
TIERRAS DE SANTIAGO, 12/06/12


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.