A ACP critica que a ludoteca non sexa xestionada integramente polo concello.
Hai uns días o Concello de Pontecesures publicou que o 25 de xuño ía por en marcha as actividades da Ludoteca de verán 2012 nun local municipal anexo ao pavillón polideportivo.
Con sorpresa constatamos que a actividade non é municipal, que vai ser desenvolvida por unha asociación allea ao concello á que se lle deixan as instalacións municipais de todos (sen procedemento nin convocatoria pùblica algunha) e que o persoal de dita asociación vaille cobrar directamente aos pais a cantidade de 50, 15 ou 3 euros diarios pola asistencia mensual, semanal ou diaria á ludoteca aínda que o concello non ten fixada contía algunha en concepto de prezo público ou taxa para asistir á estas actividades.
Todo isto é o que non indica o concello no anuncio. O concelleiro de Educación, Roque Araújo, quere publicitar unha actividade como municipal pero desentendéndose do desenvolvemento da mesma e do cobro dos prezos.
Para nada está de acordo a ACP con estas actuacións e por iso pregunta publicamente a Roque Araújo se a ludoteca en cuestión cumpre os requisitos do Decreto 354/2003 polo que se regulan as ludotecas en Galicia e do Decreto 329/2005 polo que se regulan os centros de atención á infancia. sobre todo en canto á titulación dos monitores/as da ludoteca, pois o concello está a asumir unha responsabillidade implicándose na publicidade, deixando as instalacións, e inscribindo aos nenos na propia Casa do Concello.
Non está a ACP en contra das actividades de verán, pero en forma de xestión directa, aprobando o prezo ou taxa que corresponda, recadando directamente as cantidades e contratando aos profesionais monitores polos criterios de igualdade, mérito e capacidade. Hoxe en día hai moita xente necesitada de emprego e non se concibe como dende unha administración pública se trate, precisamente, de incentivar que se esquiven os precedementos de selección.
Pontecesures, 16/06/12
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures
3 comentarios
pulga · 19-06-2012 a las 09:50
A ludoteca este ano vai ser de risa. 50 euros ó mes. Pero que pensan que estan en Madrid. Hai formas de atracar pero este ano levan a palma.Se vai arriba a culpa non e do concello e dos pais que mandan ós nenos, que lles entran ó trapo. Sabariz tes toda a razon. Hai xente no pueblo sin ter que contratar empresas foraneas. En Cesures hai monitores que estan no paro esperando que alguen conten con eles. Que pasa que para as outras ludotecas valeron e para o de veran non? Este ano vaise en plan de tocar os bolsillos da xente ven tocados, non nos chegaban as supersubidas que fixeron que ahora tamen toda queimar os bolsillos dos pais que necesitan a ludoteca. Pero tranquilos, que cando termine o veran van dicir que a ludoteca foi un éxito.
caja no caldeiro · 25-06-2012 a las 19:32
E que claro unha monitora filla da que lle coida o neno a Roque, outra da que llo cuidou a unha cuñada, algo descarado ou non?, claro que outros titulados danlle a lengua polas ruas, que esperaban
Cara de cona · 26-06-2012 a las 19:05
que escandalo….amigos e mais amigos…saltanse as titulacións…..e todo para os deles…….que me veñan pedir o voto logo nas eleccions…..iso decia unha nai cabreada cunha filla mestra de nenos….vai sair o Roque polo aire….jo…jo…jo…