A ACP solicita que se limpe o cemiterio municipal de Condide.
Varios veciños queixáronse ante nós polo estado no que se atopa o cemiterio muncipal de Condide, con maleza precisamente fronte aos panteóns e coas zonas de xardín que levan tempo sen acondicionarse.
Polo exposto solicítase ao goberno local que se acometan os traballos de limpeza do cemiterio de xeito urxente. Non resulta agradable para os visitantes da instalación municipal atopar a mesma en malas condicións e non debemos dar esa imaxe como institución.
Pontecesures, 19/06/12
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures
3 comentarios
manolo o do bombo · 20-06-2012 a las 12:35
Mira Sabariz hai ,queria pillarte eu non che acorda cando cortaches os arboles donde esta ó coche de pedra ,que ó señor Diz en vez de dar charla de medicina ,era un experto en arboles,e ahora ves a criticar,que cara dura eres,dame igual ó que digas pasoooo de ti.
manolo o do bombo · 20-06-2012 a las 18:30
PERDON este comentario ,non debia estar aqui…
pulga · 20-06-2012 a las 21:16
O da maleza debe de ser unha nova moda de belleza municipal porque non está solamente no cementerio. Hai camiños que de verdade da noxo velos, que parece que non pasou nadie en anos. Bueno, tamen hai que entendelo: son zonas polas que non andan os do concello e non se enteran. Porque solo con mirar os xardins do muelle que é o mais cercano, parece que non entrou nadie a traballar ultimamente. Vale tamén xa sei que algún vai saltar co de que a xente que entrou non foi para realizar esas tarefas. Pero en fin, o do cementerio a verdade que da noxo. Ah por certo pregunto, porque no no sei moi ven ¿o concello non está cobrando unhas taxas polos panteons? que pasa non chegan para ter eso un pouco decente?