Representantes da comisión de defensa das cercanías estiveron na conferencia do Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Na charla do conselleiro, Agustiin Hernández, que tivo lugar onte na Cámara de Comercio de Santiago, asistiron varios integrantes da Comisión de Defensa do Traxecto de Cercanías Ferroviarias Vilagarcía /Santiago como José María Bello Maneiro, Luis Ángel Sabariz Rolán e Ángel Manuel Souto que representou ao Concello de Pontecesures. Os dous primeiros participaron no coloquio final, solicitando ao conselleiro que se teñan en conta as reivindicacións da comisión para que podamos contar co sevizo de ferrocarril pola vía convencional unha vez entre en funcionamento a alta velocidade.
Tamén estivo no acto o voceiro do grupo municipal do PP de Pontecesures, Juan Manuel Vidal Seage.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.